O CINE EN GALICIA
O sector audiovisual en Galiza cada vez abarca mais sectores e comprende a mais xente traballando nel. O cine é unha das súas vertentes que mais éxito esta a ter, cun cúmulo de actores, directores e produtoras que apostan por un cine galego de calidade, e como consecuencia, o fomento e efervescencia da nosa cultura. QUEN PRODUCE? Todos estes autores agrúpanse nunha corrente chamada Novo Cinema Galego , que xorde na metade da década dos dous mil grazas a axudas e subvencións que catapultaron ós novos directores a cúspide do panorama cinematográfico. Estes trouxeron consigo unha visión renovada que ubica a Galiza no eixo fundamental das vangardas. O relato cinematográfico agora baséase na convivencia de diferentes xéneros, experimentando grazas ós avances das técnicas audiovisuais e cinematográficas. Algúns dos directores mais representativos son Oliver Laxe ( Todos vos sodes capitáns ), Lois Patiño ( Costa da Morte, Montaña en sombra ), Eloy Enciso ( Arraianos ), Xurxo Chi...