O MULTIMEDIA GALEGO


A situación actual do multimedia galego non é moi prometedora. A diferenza dos medios convencionais como pode ser radio e televisión, onde a chegada da CRTVG deu luz a unha gran parte de proxectos audiovisuais das produtoras galegas máis importantes (CTV, Produtora Faro, FLIMAX, Vaca FILMS, etc). Na rede o avance non foi tan grande, actualmente non son moitos o número de portais en liña que empregan o galego. Entre os máis visitados está a páxina web da xunta, as diferentes webs das universidades galegas, a da RAG... Pero por sorte cada vez son máis os portais en liña nos que aparece a opción de poder navegar na web empregando o galego, ou medios dixitais nos que se informa en galego; véxase como exemplo Praza, Sermos Galiza ou Galicia Confidencial.

Tamén temos que facer unha mención a algúns proxectos que viron a luz non fai moito, e que están colleitando bos froitos dentro dos seus eidos. Este é o caso dun medio dixital pouco común como gciencia.com, onde mesturan xornalismo coa divulgación tecnolóxica e científica. E o da “Galipedia”, nome co que popularmente coñecemos á sección galega da Wikipedia, onde os artigos son en galego, e a cobertura, documentación e mención dos personaxes, lugares e acontecementos galegos é máis extensa que na Wikipedia por defecto.

Dentro da rede tamén está medrando e collendo forza o dominio .gal, unha ferramenta máis da que gozan os creadores de contido para darlle unha identidade máis galega as súas URL; agora mesmo son 5.153 as páxinas web que rematan en .gal, e a cifra segue subindo. Pero se falamos de creadores de contido, temos que falar do fenómeno YouTube; unha rede social onde o contido audiovisual é moi variado, tendo vídeos de calquera tema que pescudemos. E en Galicia producimos contido en YouTube? A resposta é si, “Youtubeir@s” é o nome que reciben as persoas que actualmente gravan e suben os seus vídeos en lingua galega, á propia rede. Entre os máis recoñecidos temos a Brais Doval, Aquel-e, oloxonmario, e algúns máis. Pero o certo é que ningún deles chega a máis de 10 mil subscritores nas súas canles, algo que si que fan outros Youtbers galegos que empregan o castelán nos seus vídeos, como pode ser o caso do xa famoso Wismichu, quen actualmente roza os 9 millóns de seguidores.

Pero Youtube non só está composta por creadores de contido individuais, como os citados anteriormente, tamén é unha rede na que un número imporante de produtoras galegas pequenas sube os seus curtametraxes e webseries para dar a coñecer a todo tipo de público (ANTOLEPSIA, Galicia Crime, Peter Brandom... ) a maioría destas webseries son dadas a coñecer no festival de contidos dixitais Carballo Interplay. Pero non todas as pezas audiovisuais mellor editadas son necesariamente deste tipo, existen algúns webdocs coma ILLADOS que emprega o transmedia para enlazar moi ben os seus contidos co espectador. Facendo que a súas respostas e decisións a través de formularios, sexa chave para modelar o propio documental á persoa que o vai consumir.

No tema económico, case todos estes proxectos carecen de subvencións públicas. Pois en Galicia, o audiovisual que máis axuda recibe por parte de organismos como a Xunta, é o do cinema. Aínda así, moitos deles poden ver a luz grazas a outras formas de financiamento como o crowdfunding.

A conclusión que saco sobre a situación do multimedia en galicia, é que está mellorando pouco a pouco. Pero precisa dun maior apoio decidido das institucións e da concienciación da cidadanía en consumir o que producimos aqui.

BIBLIOGRAFÍA:
  1. AGADIC [en liña] Axudas [consulta 16 de novembro de 2019] Dispoñible en: http://www.agadic.gal/
  2. Audiovisual451 [en liña] Galicia publica las ayudas a la producción y coproducción, dotadas con 2 millones de euros [consulta 15 de novembro de 2019] Dispoñible en: https://www.audiovisual451.com/galicia-publica-las-ayudas-a-la-produccion-y-coproduccion-dotadas-con-2-millones-de-euros/
  3. Código.gal [en liña] Top 50 [consulta 15 de novembro de 2019] Dispoñible en: http://codigo.gal/Top-50/
  4. Cluster Audiovisual Galego [en liña] [consulta 15 de novembro de 2019] Dispoñible en: http://www.clusteraudiovisualgalego.com/2018_socios_dinamico.php
  5. Dominio.gal [en liña] [consulta 15 de novembro de 2019] Dispoñible en: http://dominio.gal/
  6. Galipedia [en liña] [consulta 15 de novembro de 2019] Dispoñible en: https://gl.wikipedia.org/wiki/Portada
  7. Gciencia [en liña] [consulta 16 de novembro de 2019] Dispoñible en: https://www.gciencia.com/
  8. ILLADOS [en liña] [consulta 16 de novembro de 2019] Dispoñible en: https://illados.com/gl/menu.html
  9. La Voz de Galicia [en liña] Las webseries gallegas que tienes que ver [consulta 16 de novembro de 2019] Dispoñible en: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/series/2018/07/06/webseries-gallegas-tienes-ver/0003_201807SF6P4991.htm


Comentarios

  1. Síntoo moito, pero a proposta de traballo non é válida.
    No guión indícase:
    Avaliación
    Nos criterios de avaliación terase en conta a precisión e o grao de actualidade da resposta, as fontes e citas ben redactadas, e a forma de presentación dos datos obtidos (organización e estrutura dos mesmos). Fontes orixinais. Listado único coas fontes realmente utilizadas.
    Engadir conclusións nas que se especifiquen con claridade os problemas, dificultades e dúbidas que apareceron na resolución da práctica.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A TELEVISIÓN EN GALICIA

FONTES ACTIVIDADE 2

ISLAM