A TELEVISIÓN EN GALICIA

TELEVISIÓN EN GALICIA
  1. MERCADO DE PRODUCCIÓN
1.1. Quen produce? 
       1.1.1. Productoras
Gran parte do contenido emitido na Televisión de Galicia está producida total ou parcialmente pola propia CRTVG. Aínda así, case o 25% do presuposto da TVG vai a parar a produtoras externas, sendo estas últimas as que asumen a produción da maior parte da programación, agás os    informativos.

Unha das produtoras independientes coas que traballa a CRTVG é Ficción Producciones. Fundada no 2003, comezaron traballando para proxectos alleos, sendo a súa primeira producción propia Mar Libre (2009). Teñen numerosas colaboracións con televisións rexionais de España, e son das poucas produtoras galegas que realizan animación (Tutu, Día de Muertos). 



Outra produtora e CTV, que nace no ano 1985, uns meses antes que a TVG. Aparte da propia produción de contidos audiovisuais, sempre estivo entre os obxectivos de CTV a formación de profesionais para o eido do espectáculo, dende operadores de cámara ata actores de dobraxe. Aínda que traballa principalmente coa CRTVG, ten clientes en toda España e tamén en Latinoamérica. Entre as súas producións máis destacadas están Land Rober Tunai Show e Dalia, a Modista, ambas para TVG e tamén O sabor das Margaridas, emitido tanto na TVG como no servizo de streaming Netflix. 





       1.1.2. Actores 
Galicia é o berce de moitos actores de éxito como Cristina Castaño ou Luis Tosar. Pero, debido a falta intención que existiu ata agora de crear un audiovisual moderno en Galicia, a maioría dos actores, no momento que comezan a crecer, tenden a avanzar cara o cine e televisión española ou incluso internacional. Aínda así, existen algúns actores que decidiron seguir dando unha oportunidade ao audiovisual galego. Estes son algún deles:

  • Victor Fábregas: Tivo un gran éxito xunto con Roberto Vilar no dúo cómico Os Tonechos, tanto na súa serie propia coma nas súas aparicións no Luar. Despois, actuou tamén en películas dramáticas, traballou como actor de dobraxe e tivo un papel recurrente na serie de comedia Era Visto!

  • Antonio Durán “Morris”: Despois de saltar á fama co seu papel como Antón en Pratos Combinados, este actor vigués converteuse nunha das maiores figuras dentro do audiovisual galego. Versado tamén en teatro e cine, as súas aportacións máis recentes á televisión foron como alcalde en Padre Casares e como líder do clan Charlín en Fariña.

  • Lucía Regueiro: O seu debut televisivo foi na coñecida serie Mareas Vivas, cando aínda era unha adolescente. Aparte de traballar como presentadora e actuar en diferentes filmes e obras teatrais, interpretou un papel secundario en Libro de Familia e protagonizou a serie de misterio Serramoura.

  • Ana Santos: Aínda que comezou como actriz de dobraxe en 1985, Ana Santos debutou no teatro en 1996 e na pequena pantalla dous anos máis tarde, en Mareas Vivas. Dende entón, seguiu a actuar tanto en teatro como en televisión continuadamente, en producións como O Show dos Tonechos, Libro de Familia ou Padre Casares.

Roberto Vilar (esquerda) e Víctor Fábregas (dereita)



       1.1.3 Presentadores
Cos presentadores e os colaboradores de programas televisivos ocorre un poco o mesmo que cos actores. A maioría, no momento no que crecen, pásanse a televisións máis grandes, pero tamén hai excepcións. Estas son algunhas das persoaxes máis importantes na televisión galega:

  • Xosé Ramón Gayoso: Leva traballando na Televisión de Galicia dende o día que esta foi inaugurada. Dende entón leva presentados oito programas distintos, pero destaca o último deles, Luar, que foi o que lle deu máis fama. Leva presentando este programa cada semana dende 1992

  • Roberto Vilar “Rober”: O seu primeiro traballo foi no programa Con Perdón, pero a súa fama non chega ata comezar a interpretar, xunto con Víctor Fábregas, a parella humorística de Os Tonechos, que ademais de participar durante anos no Luar, incluso chegar a ter o seu propio programa. Tras separarse Os Tonechos, Rober comeza o programa que segue levando ata día de hoxe, o Land Rober.

  • Xosé Manuel Piñeiro Borrajo: Máis coñecido por “Superpiñeiro”, polo seu programa de maior éxito, Supermartes. Tamén participaba en Tequelexou e en Acompáñenos. Ademais de presentar desde 2011 ata 2018 -ano no que decidiu retirarse da televisión un tempo por enfermidade- o programa Bamboleo

  • Beatriz “Tati” Moyano: Xornalista e presentadora do Telexornal Serán. Causou moita controversia no momento no que ela e outro prestisioxo xornalista, Alfonso Hermida -que ao igual que ela levaba traballando veinte anos para a cadea- fóron expulsados da TVG. A controversia está en que foi expulsada por negarse a colaborar coa manipulación dos informativos e apoiou a causa dos “venres negros”.




       1.1.4. Directores 
No caso da dirección, coma no resto de facetas, vemos que a maioría de profesionais teñen que buscar traballo fóra de Galicia, debido non só á falta de producións senón tamén á escaseza de axudas para levar a cabo os seus propios proxectos.

  • Marta Piñeiro: Traballou na producción de A lingua das bolboretas e na de Blanca Madison, para despois exercer como Axudante de Dirección e Realización en TVG nas series Rías Baixas e As Leis de Celavella. A parte de traballar como realizadora para outros programas e traballar tamén en publicidade, dirixiu o programa Xcanto e tamén varios episodios de Libro de Familia, Rías Baixas, Matalobos e O Nordés. Estas dúas últimas conseguíronlle tamén o Premio Mestre Mateo a Mellor Realización en 2009 e 2011.

  • Xosé Cermeño: Comezou como guionista no progrma O mellor da TVG en 1986. Conta con experiencia na publicidade e traballou como editor e documentalista. Foi creador e director de Pratos Combinados e tamén participou na creación de Avenida de América. Traballou como director en O Verdugo (Os outros feirantes) e outras tantas producións (Arroz con chícharos, Roque das Goas, Efectos secundarios…)

  • Toño López: Comenzou a súa careira como director en 1993 con El camino del agua, coa que gañou o Premio INJUVE de 1996. Posteriormente, traballou como Director de 2ª Unidade e como montador e realizador en numerosos capítulos de Mareas Vivas. A partires de aí, dirixiu dous cortos : Maitines (coa que gañou o premio a Mejor Director Joven do 1º Festival de Cine de Alcorcón - 2001) e Beauty of Life. Tamén ten ao seu nome o telefilme Reliquias, o programa da TVG Galegos no mundo, e numerosas series como 4º sin ascensor, The Avatars, Luci ou Matalobos. Esta última gañoulle o premio a Mejor Serie de TV Regional de Europa (2012) e o de Mejor Dirección MM (2009), entre outros.

  • Emilio McGregor: Natural de México, comezou a traballar en televisión na década dos noventa, e na TVG no 1999, en Mareas Vivas. Ademais de traballar en diferentes proxectos para outras televisións ao longo da década, dirixiu os documentais Lume e Fume, O que dis que din e algúns episodios da serie Terra de Miranda.




   1.1.5. Actores de doblaxe
 Na Televisión de Galicia, debido a que moitas das series e programas de éxito son traídas de fóra, o papel da doblaxe é moi importante. As  voces dos dobladores son moi recoñecibles, xa que puxeron, por exemplo, palabras nas bocas das personaxes das series de animación, e estas series foron a infancia de moitos nenos e nenas galegas. Pese a isto, a doblaxe é a gran olvidada do audiovisual. Existe unha única organización profesional do sector en Galicia, é a Asociación de Profesionais da Rama da Dobraxe Galega (APRADOGA). Algunhas das famosas voces do mundo da doblaxe galega son as seguintes:

  • Andrés Bellas:  Voz habitual en galego de Tom Hanks, Denzel Washington, Jim Carrey e Pierce Brosnan.

  • Antón Cancelas: Doblador en galego de actores como Jack Nicholson, Robert Duval, Arnold Schwarzenegger, Anthony Hopkins e o malvado JR. De "Dallas". Destaca a súa doblaxe do “Sayonara, baby” de Terminator, traducida ao galego como “A rañala, raparigo”

  • Ana Lemos: Dobladora recurrente para a TVG de Jodie Foster, Julia Roberts, Gwyneth Paltrow, Meg Ryan, Diane Kruguer, Drew Barrimore,... Ademais de poñerlle voz a Sherman (O Show de Peabody e Sherman), Bulma (As bolas máxicas), Shin Chan (Shin Chan), Keroro (Sarxento Keroro), Daphne (Scooby Doo) ou Hillary (O príncipe de Bel Air) entre outras personaxes.

  • Julio Lorenzo: Actor de doblaxe en galego nas series Dragon Ball Z, Inspector Gadget e O exorcista. Ademais da voz corporativa de Discovery Channel e Celta TV. 




1.2. Que se produce? 
Cando falamos da televisión galega podemos atoparnos dúas vertentes, os programas de ficción e os de non-ficción. Os primeiros poden ser películas para televisión (de duración variable) ou series; se contan con múltiples capítulos emitidos de forma regular, estas poden ser tamén distribuídas en plataformas online. Por outra parte, dentro dos programas de non ficción entrarían os de telerrealidade, os de variedades, os informativos, os concursos etc. Estas son as produccións que máis destacan no audiovisual galego:
 
   1.2.1. Series 
Os Outros feirantes (1989) foi a primeira serie dramática producida pola TVG. Outra obra moi destacada é Mareas Vivas (1998-2002), que foi un dos primeiros traballos dos gañadores do Goya Luis Tosar e Luis Zahera. Tamén cómpre mencionar o drama criminal Matalobos (2009-2013), que gañou numerosos premios tanto nacionais como internacionais, ou comedias como Pratos Combinados (1995-2006) ou Padre Casares (2008-2015), ambas as dúas grandes éxitos entre os televidentes galegos.
Actualmente, comeza a haber un maior movemento dun audiovisual galego moderno, que se adapte ás novas tendencias. Isto o podemos ver nalgunhas series que agora poden atoparse en plataformas como Netflix, véxase O sabor das margaridas.
Aínda así, os escasos medios á disposición dos profesionais galegos fan que sexa moi complicado poñerse ao día e competir en condicións coas series con altísimos valores de produción que chegan do estranxeiro e das canles nacionais, cunha magnitude cada vez máis semellante ás superproducións cinematográficas de Hollywood.
  
  1.2.2. Informativos
  • Bos días: Informativo matinal de formato tradicional. 
  • Fun polo aire: Programa de actualidade que conta o que está a pasar en Galicia a través de sete reporteiros. Un magazine que pon como protagonistas as vidas dos galegos e as galegas. Formato máis fresco e moderno.




    1.2.3. Programas de variedades
  • Land Rober Tunai Show: Versión galega do clásico “Late Night Show” americano. Programa de humor que se emite pola noite e xoga coa interacción con distintos convidados, colaboradores e incluso co público.
  • Bamboleo: Programa de música e baile, pero que tamén conta con seccións variadas como concursos humorísticos, cámaras ocultas,...
  • Luar: Tamén é un programa musical e de humor, pero nun formato máis longo, e máis especializado en descubrir novos talentos.
  • Larpeiros: Programa de cociña, pero tamén sobre a comida en sí. Enfocado ao mercado, tradición e gastronomía galegas.




    1.2.4. XABARÍN CLUB
Xabarín Club é un programa que entra dentro da programación da TVG2. Consiste nunha sección infantil diaria na que se emiten distintas series e películas dirixidas a un público de menor idade. O Xabarín Club converteuse nun fenómeno social entre as nenas e nenos, conseguindo para finais dos 90 a afiliación de uns 100.000 deles. Esta atención foi conseguida grazas a unha programación moi boa, si, pero tamén grazas a unha mascota carismática e moitas xiras musicais nas que os nenos ían a escoitar cancións como “Non todo é o que parecee “Estou na lavadora, temas que aínda a día de hoxe seguen a escoitarse en discotecas e bares do panorama galego. 
A escolla dos contidos que podemos ver no Xabarín foi sempre dunha gran calidade, marcando tanto aos nenos e nenas que chegou a utilizarse o termo Xeración Xabarín para referirse aos fans do porco bravo que creceron na década dos 90. De entre todo o que podían ver os nenos dos noventa no Xabarín, seguramente o máis destacable sexan as diferentes series de animación xaponesa que só se emitían na TVG, ao igual que pasaba noutras canles rexionais en España. Bola de Dragón, Detective Conan ou Sarxento Keroro serviron como porta de entrada para moita xente a este tipo de animación e aínda son revisitadas por moitos a día de hoxe.
O Xabarín tamén fixo unha gran labor á hora de conseguir que os máis pequenos aprendesen o galego, sobre todo despois da represión franquista, ofrecendo unha programación de calidade cunha dobraxe á altura.




1.3. Como se produce? 
    1.3.1. Lexislación
A lexislación en canto ao campo do audiovisual galego está recollida baixo a Lei 6/1999, do 1 de septembro, do Audiovisual de Galicia. Nesta lei declárase o audiovisual un servizo que debe poder chegar a toda a poboación como unha forma de acceder a información e a comunicación, e que este obxectivo debe ser promovido pola Xunta de Galiza.




    1.3.2. Subvencións
A lexislación anteriormente nomeada promoveu a creación do Consorcio Audiovisual de Galicia, que era o encargado de desenvolver e fomentar a industria mediante subvención. O consorcio foi disolto e sustituído pola Axencia Galega das Industrias Culturais. Tras isto, a inversión no audiovisual galego diminuíu. 
O responsable de Cultura e Educación declarou: “a partir de agora o incentivo e a internacionalización do sector teñen unha única dirección e un único interlocutor”, tamén dixo que se trata dunha decisión da administración autonómica encamiñada a facer unha xestión eficiente dos recursos existentes, aplicando “máis rigorosidade e control do gasto que nunca”.
 
   1.3.3. Novas tecnoloxías
As novas tecnoloxías resultan un gran compañeiro ao momento de producir programas e series cuns formatos máis frescos e modernos que permitan chegar a máis xente. Por exemplo, nunha feria en Ámsterdam en 2016, a empresa galega Cinfo destacou “a xeración de vídeo en tempo real en servidores aloxados na nube permite aportar valor as plataformas de TV, ofrecendo servicios como emisións multicámara ou a construcción de mosaicos de canles con costes axustados e gran facilidade para escalar o número de usuarios”.




  1. MERCADO DE DISTRIBUCIÓN
2.1. Como se difunde? 
     2.1.1. Distribución
A Televisión de Galicia pode verse dende catro cadeas, a TVG e a TVG2 para os espectadores españois e Galicia TV Europa e Galicia TV América para os internacionais. Todas elas forman parte da Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG), unha sociedade anónima de capital público sucesora da Compañía de Radio-Televisión de Galicia
A parte das canles asociadas á CRTVG, existen cadenas locais como Televigo ou Nós Televisión. O xornal impreso La Voz de Galicia intentou tamén entrar no mundo da televisión no 2010 con V Televisión. Os malos resultados do proxecto fixeron que o cese de emisión chegase o 1 de xaneiro de 2018, despois de ter invertido 15 millóns de euros.




     2.1.2. Premios
A Academia Galega do Audiovisual entrega todos os anos os Premios Mestre Mateo. A Edición de 2020 será a XVIII edición destes premios, que recompensan o traballo dos profesionais galegos outorgando premios en máis de 25 categorías. Estes premios, nacidos

no 1996 co nome de Premios AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independientes), son os máis importantes dentro do eido do audiovisual galego. No ano 2002 chamáronse Premios Chano Piñeiro, para acabar co seu nome actual ao ano seguinte.




2.2. Quen consume? 
Para coñecer a audiencia da televisión galega dependemos dos estudos realizados polo EGM (Estudio General de Masas), un organismo pertencente a Asociación para la Investigación de Medios de Comunicación. 
Con este estudo (que contabiliza a audiencia de todo o ano 2018) podemos coñecer que:
  • En Galicia, o consumo promedio de TV é de 197 minutos. 59 minutos menos que La Rioja (Comunidade que máis consume), e 23 minutos máis que as Baleares (Comunidade que menos consume). En total, 13 minutos menos que a media, que está en 210.
  • A audiencia acumulada da TVG baixou dende 2002 do 2,7% ao 1,4%, o share do 20,2% a 14,6%  e de promedio consúmense 17 minutos menos de televisión.




  1. MULLERES DESTACABLES NO AUDIOVISUAL
As mulleres no audiovisual galego son fáciles de atopar diante das cámaras -aunque nunca con demasiado protagonismo-, pero moi difíciles de atopar detrás delas. Isto é algo que pasa tamén no resto da industria audiovisual, pero pode notarse máis en Galicia debido a que os formatos parecen estar algo atrasados.
  • Rosa Castro Legazpi: Naceu en Foz no ano 1964. Ao obter o seu titulo de filoloxía galega, saltou directamente á recente Televisión de Galicia. Traballou como presentadora, redactora e directora de informativos; pero a súa labor máis destacada foi como guionista. Dende que a CRTVG comezou a producir ficción, Rosa Castro participou como guionista en gran número dos seus proxectos máis exitosos. Dende os seus inicios na década dos noventa, traballou en case todas as series e telefilmes producidos pola TVG (entre as que sobresaen Mareas Vivas, Rías Baixas, As Leis de Celavella, Terra de Miranda, Valderrei, Libro de Familia…). Por mor do seu traballo na televisión, a Universidade de Vigo contratouna como profesora de Guión e Edición Audiovisual.




  • Margarita Ledo Andión: Nada en Castro de Rei en 1951. Escritora, cineasta, doutora en Ciencias da Información e catedrática de Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela. Dedicou toda a súa vida a investigación sobre a comunicación. Algunhas das súas principais liñas de traballo abarcan as políticas de comunicación e as teorías feministas na creación e na expresión. No ano 2000 sumérxese no que sería o seu primeiro proxecto no audiovisual coa película Santa Liberdade. En 2009 é nombrada membro da Real Academia Galega, convertíndose na quinta muller presente nesta institución. En 2017 convertese tamén na primeira muller en ser galardonada co premio Otero Pedrayo. Según admitiu o xurado, por ser pioneira no uso de xéneros audiovisuais en Galicia, pola perspectiva de xénero e a defensa do idioma e a identidade galega nos seus traballos e investigacións.




  1. CONCLUSIÓNS
O maior obstáculo a hora de realizar este traballo foi a falta de divulgación que se lle da aos medios galegos. Loxicamente, nós xa tiñamos unhas ideas previas de como funciona a TVG, sendo unha cadea que nos acompaña dende a infancia, pero resulta complicado atopar datos fóra do que se pode ver a simple vista. Resulta problemático atopar subvencións, mostras ou premios, e todos os datos, estudos e noticias en relación co audiovisual galego parecen estar obsoletas. Moi complicado tamén atopar datos sobre audiencias da televisión galega. Ademais, parece misión imposible dar con mulleres que aporten elementos singulares, xa que non existen moitas oportunidades para que elas destaquen nesta industria.




Traballo realizado por: Antón Lucas López Agras e Silvia Salomé Lino Vilariño




FONTES:
ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL [en liña] Bases XVIII Edición Premios Mestre Mateo [consulta: 12 de novembro] Dispoñible en: https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal/wp-content/uploads/2014/12/BASES-XVIII-EDICION-PMM_GALEGO.pdf
 
ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL [en liña] Premios Mestre Mateo [consulta: 12 de novembro] Dispoñible en: https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal/premios-mestre-mateo/documentos-2/
 
ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL [en liña]. A Xunta suprime o consorcio audiovisual de Galicia e traslada as súas funcións a AGADIC, 15 de febreiro de 2012 [Consulta : 13 novembro 2019]. Dispoñible en : https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal/xunta-suprime-consorcio-audiovisual-galicia-traslada-funcions-agadic/
ANÓNIMO. Rosa Castro presentadora y guionista de teleseries de éxito. El Correo Gallego, 9 de xaneiro de 2011 [consulta: 12 de novembro] Dispoñible en: https://www.elcorreogallego.es/vida-social/ecg/rosa-castro-presentadora-guionista-teleseries-exito/idNoticia-627788
Asociación para la Investigación de Medios de Comunicación (AIMC). Marco general de los medios de España, 2019. [consulta:12 de novembro] Dispoñible en: https://www.aimc.es/a1mc-c0nt3nt/uploads/2019/01/marco19.pdf
AUDIOVISUAL GALICIA. CTV. [Consulta : 12 novembro 2019]  Dispoñible en : https://www.ctv.gal/
AVG: Soportal de Audiovisual Galego [en liña] Rosa Castro [consulta: 12 de novembro] Dispoñible en: http://culturagalega.gal/avg/persoas_detalle.php?Cod_prsa=220&busca=Rosa%20Castro
CAMINO, Javi. Xabarín Club. Notodo.com, 25 de xaneiro de 2017 [Consulta : 13 novembro 2019]. Dispoñible en : http://www.notodo.chttps://www.farodevigo.es/cultura/2017/12/12/margarita-ledo-primera-mujer-galardonada/1802493.htmlom/cine-y-tv/xabarin-club.html
CRTVG [en liña]. Bamboleo. [Consulta : 12 novembro de 2019] Dispoñible en : http://www.crtvg.es/tvg/programas/bamboleo
CRTVG [en liña]. Bos Días [Consulta : 12 novembro 2019] Dispoñible en : http://www.crtvg.es/tvg/programas/bos-dias
CRTVG [en liña]. Fun polo aire [Consulta : 12 novembro 2019] Dispoñible en: http://www.crtvg.es/tvg/programas/fun-polo-aire
CRTVG [en liña]. Land Rober Tunai Show. [Consulta : 13 novembro 2019] Dispoñible en : http://www.crtvg.es/tvg/programas/landrober-tunai-show
CRTVG [en liña]. Larpeiros. [Consulta : 12 novembro 2019] Dispoñible en : http://www.crtvg.es/tvg/programas/larpeiros
CRTVG [en liña]. Luar  [Consulta : 12 novembro 2019] Dispoñible en : http://www.crtvg.es/tvg/programas/luar
CRTVG [en liña]. Portal de transparencia [consulta : 12 novembro 2019] Dispoñible en : http://www.crtvg.es/crtvg/portal-de-transparencia/informacion-institucional
CULTURA GALEGA [en liña]. Emilio Mac Gregor. AVG, O soporte do audiovisual galego. [consulta: 13 de novembro] Dispoñible en: http://culturagalega.gal/avg/persoas_detalle.php?Cod_prsa=298&nome=emilio%20mac%20gregor
CULTURA GALEGA [en liña]. Xosé Cermeño. AVG, O soporte do audiovisual galego. [Consulta : 14 novembro 2019]. Dispoñible en : http://culturagalega.gal/avg/persoas_detalle.php?Cod_prsa=39&nome=xos%E9%20cerme%F1o
CULTURA Y DEPORTE [en liña]. Listado de premios relevantes celebrados en España. [consulta: 12 de novembro] Dispoñible en: https://www.culturaydeporte.gob.es/cultura/areas/cine/promocion/premios/otros-premios.html
CURRICULUM. Toño Lopez. [Consulta : 17 novembro 2019]. Dispoñible en : http://toniolopez.me/es/curriculum/
DE SANTOS, Agatha. Las voces gallegas de las estrellas. Faro de Vigo, 19 de febrero de 2012. [Consulta : 12 novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2012/02/19/voces-gallegas-estrellas/625127.html
ESPAÑA. Ley 6/1999, de 1 de septiembre, del Audiovisual de Galicia. Boltín Oficial del Estado, 16 de diciembre de 2011. [Consulta : 10 novembro 2019]. Dispoñible en : https://www.boe.es/buscar/pdf/1999/BOE-A-1999-19687-consolidado.pdf
F. F. CTV cumple 25 años como punta de lanza del audiovisual de Galicia. El Correo Gallego, 31 de xaneiro de 2010 [consulta: 13 de novembro] Dispoñible en: https://www.elcorreogallego.es/gente-y-comunicacion/ecg/ctv-cumple-25-anos-como-punta-de-lanza-del-audiovisual-de-galicia/idEdicion-2010-01-31/idNoticia-511729
JULIOLORENZO.ES. [Consulta : 12 novembro 2019] Dispoñible en : http://juliolorenzo.es/
LEDO, Margarita. Margarita Ledo. Biblioteca Virtual Galega, febreiro de 2004 [consulta: 12 de novembro] Dispoñible en: http://bvg.udc.es/ficha_autor.jsp?id=MarLedo+1&alias=Margarita+Ledo&solapa=biografia
LINKEDIN. Ana Lemos [Consulta : 12 novembro 2019]. Dispoñible en : https://es.linkedin.com/in/ana-lemos-01082a13a
NOTICIAS JURÍDICAS. Ley 4/2008, de 23 de mayo, de creación de la Agencia Gallega de las Industrias Culturales. [Consulta : 15 novembro 2019]. Dispoñible en : http://noticias.juridicas.com/base_datos/CCAA/ga-l4-2008.html
REDACCIÓN AV451. Ficción Producciones celebra 15 años de historia con la mirada puesta en la TV nacional y la coproducción internacional. Audiovisual451, 18 de abril de 2017 [consulta : 17 novembro 2019]. Dispoñible en : https://www.audiovisual451.com/ficcion-producciones-celebra-15-anos-de-historia-con-la-mirada-puesta-en-la-tv-nacional-y-la-coproduccion-internacional/
REDACCIÓN. La gallega Cinfo muestra sus productos para la televisión en una feria de Ámsterdam. La Opinión, 6 de septembro de 2016 [consulta: 13 de novembro] Dispoñible en: https://www.laopinioncoruna.es/economia/2016/09/06/gallega-cinfo-muestra-productos-television/1103866.html
REDACCIÓN. Uno de cada cuatro euros de la TVG va para productoras externas. Galicia Press, 16 de novembro de 2018 [Consulta : 14 novembro 2019]. Dispoñible en : https://www.galiciapress.es/texto-diario/mostrar/1254128/aumenta-peso-productoras-externas-tvg
REY, Javier. Las 12 mejores canciones del Xabarín Club. La Región, 4 de decembro de 2014 [Consutla : 15 novebro 2019]. Dispoñible en : https://www.laregion.es/articulo/tendencias/12-mejores-canciones-xabarin-club/20141204143905508342.html
TOÑO LÓPEZ. CREA, Asociación Galega de Profesionais de Dirección e Realización. [Consulta : 17 novembro 2019]. Dispoñible en : https://www.crea.gal/socio/tonio-lopez/

Comentarios

  1. Non entendo. Esta entrada corresponde á TVG, corresponde tamén ao cine? corresponde a televisión en Galicia? E onde están os outros apartados? Non entendo, xa que Margarita Ledo ten que ver co cine documental, non coa televisión.
    Nas fontes, non existe o anónimo. Hai que empezar pola organización.
    Agatha de Santos: SANTOS, Agatha de...
    Toño López non funciona a URL.
    Non entendo as fontes e non entendo a entrada. Hai que estruturas os contidos para que non parezan caóticos.
    E as outras televisións, onde están?
    Síntoo, pero isto ten un problema de contido.

    ResponderEliminar
  2. 02/12/2019: non está subido o traballo sobre a emigración¡

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

FONTES ACTIVIDADE 2

ISLAM