O CINE EN GALICIA



O sector audiovisual en Galiza cada vez abarca mais sectores e comprende a mais xente traballando nel. O cine é unha das súas vertentes que mais éxito esta a ter, cun cúmulo de actores, directores e produtoras que apostan por un cine galego de calidade, e como consecuencia, o fomento e efervescencia da nosa cultura.

QUEN PRODUCE?

Todos estes autores agrúpanse nunha corrente chamada Novo Cinema Galego, que xorde na metade da década dos dous mil grazas a axudas e subvencións que catapultaron ós novos directores a cúspide do panorama cinematográfico. Estes trouxeron consigo unha visión renovada que ubica a Galiza no eixo fundamental das vangardas. O relato cinematográfico agora baséase na convivencia de diferentes xéneros, experimentando grazas ós avances das técnicas audiovisuais e cinematográficas.
Algúns dos directores mais representativos son Oliver Laxe (Todos vos sodes capitáns), Lois Patiño (Costa da Morte, Montaña en sombra), Eloy Enciso (Arraianos), Xurxo Chirro (Vikingland), Alberte Pagan (Eclipse), Peque Varela (1977), Ángel Santos ou Lara Barcelo.
Ademais, esta xeración de novos autores convive con cineastas con mais traxectoria como Antón Reixa ou Ignacio Vilar, director de A Esmorga, filme co que chegou a gañar un Goya ó mellor guión adaptado.
Doutra banda, estes filmes lévanse a cabo grazas ó traballo de produtoras galegas que apostan polo traballo destes novos e vangardistas cineastas e por proxectos para televisión. Algunhas das produtoras mais coñecidas son Agallas Films, Arrianos Producións, Astrágalo Studio, Cinemar Films, Foresta Films, Frida Films, Gaitafilmes, Maruxiña Film Company, Matriuska Producións, Milú Films, Miramemira, Nós Produtora Cinematográfica Galega, Númax corporativa galega, Ollovivo, Producións Vigo, Recrea Films, Tex 45 Producións, Vía Láctea Filmes ou  Zeitum Films.
QUE SE PRODUCE?
O tipo de produto que se soe comercializar é un cine de autor ou independente respaldado polas productoras. Comercialízanse dende curtametraxes ata longametraxes, así como a exploración en todos os xéneros, como o documental. Tamén realízanse programas específicos para televisión ou series que se emiten nesta. A cantidade producida está a aumentar ano tras ano, grazas en maior ou menos medida ás axudas económicas da Xunta ou outras organizacións. O ano pasado o cine galego reuniu a mais de 20.000 espectadores e sumou 12 nominacións ós Goya

COMO SE PRODUCE?

LEXISLACIÓN
As leis que rexen o sector audiovisual galego son a Lei 6/1999, de 1 de setembro, do Audiovisual de Galicia, que garante a diversidade dos contidos, igualdade entre homes e mulleres, unha programación aberta dos medios públicos que reflexe a pluralidade da sociedade galega; a LEI 9/2011, do 9 de novembro, dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia define a estrutura e xestión dos medios públicos, así como a presentación do sector e o establecemento dos obxectivos; e a Lei 10/2017, de 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades públicas de Galicia que chea todos os veleiros legais que quedaban na industria da nosas comunidade.

AXUDAS E BECAS
A lei de subvencións de Galicia limita o investimento público nestes casos ao 50%, cando a Comisión Europea recomenda aumentalo ao 60%. Doutra banda, a TVG e calquera televisión pública debe reservar o 6% dos orzamentos a cinema. Outra das grandes fontes de ingresos é a AGADIC, que destina un presuposto para axudar ós proxectos audiovisuais galegos. A Xunta mobilizou arredor de 5,3M de euros este ano a modo de subvencións para novos proxectos.

COMO SE DIFUNDE O CINE GALEGO?
Unha das formas máis extendidas de difundir e promover a produción audiovisual en Galicia é por medio de festivais e mostras. Son moitos os festivais que acolle a comunidade autónoma, pero sen embargo son menos os que como obxetivo teñen opoir e difundir o cine galego. Hai festivias internacionais, nacionais, galegos, con máis repercusión, menos coñecidos... Recollemos a continuación algúns destes festivais e mostras que si axudan a divulgación do cine galego.

ESCOLMA DE CINE GALEGO EN SARRIA
Festival celebrado en Sarria que no 2020 celebrará a súa quinta edición. Un festival no que chama a atención que participen alumnos que comezan a facer as súas primeiras curtas, aínda que tamén participan profesionais do sector. O festival conta coa participacion de diferentes directores e directoras galegas que ensinan os seus filmes e participan en coloquios durante a fin de semana do festival.

CARBALLOINTERPLAY
Non é un festival só de produción en Galicia, pero un dos seus premios é para películas exclusivamente en galego. Precisamente por isto destacamos este festival, xa que, aínda que non sexa moi grande a súa función divulgativa, algo axuda.

FESTIVAL AUDIOVISUAL ESCOLAR OLLOBOI Aínda que non é un festival profesional no que se lle dea visibilidade ao cine que se produce en Galicia é importante mencionalo xa que son todo producións en galego. Este festival apoia e motiva a posibeis cineastas galegos e de certo modo os motiva para producir en Galicia. Xa leva celebradas tres edicións.

MOSTRA DE CINEMA ETNOGRÁFICO DO MUSEO DO POBO GALEGO
Aínda que non é un festival exclusivo de produción en Galicia, un dos abxetivos da mostra é potenciar e divulgar a creación de traballos audiovisuais de carácter etnográfico en Galicia, polo que a mostra si axuda a visibilizar e a apoiar a produción audiovisual en Galicia.

FESTIVAL PRIMAVEIRA DO CINE
Trátase dun festival internacional que xa celebra a súa oitava edición. O festival galardona os fimes a as curtomeraxes galegas e as lusófonas, ademási de proxectar fimes de moitas outras partes do mundo, filmes menos comerciais ou que non teñen tantas oportunidades no mundo profesional do cine.

FESTIVAL DE CANS
Probablemente é un dos festivais galegos más coñecidos e un dos que máis visualización e apoio lle concede a produción galega de cine, neste caso de curtametraxes. O festival é coñecido ademáis por ser canto menos peculiar, as curtas proxéctanse en salas de cine improvisadas como casas abandoadas, galiñeiros, bodegas... Pero ademási das curtas estréanse filmes e documentais, ademáis de coloquios cos cineastas e moitas actividades culturais entre a s que destaca a presenza da música con concertos e bandas. Celebrará a decimoséptima edición este proximo 2020.
Ademáis de festivais e mostras crecen tamén os programas e proxectos para axudar a produción do cine galego. Un exemplo é “Pensando en cine”, un programa que se estreará en 2020 co abxetivo de dar a coñecer a cultura cinematográfica de Galicia. O programa estará presentado por Antón Reixa, quen convidará a personalidades da cultura galega, pero que non estéan relacionados directamente co cine, para que escollan un fime galego e o presenten, ademáis dun pequeño debate sobre o fime ou o cine galego en xeral ao final do programa.
Por último cabe destacar tamén as iniciativas como “A semana do cine”, que cada vez esténdese por máis cidades e pobos de toda Galicia en cines independentes que ofrecen filmes galegos. Con estas iniciativas por parte dos cines independentes, que é o lugar onde a xente ten máis fácil acceder a produción de cine en Galicia, conségese que a audiencia crezca e que cada vez máis xente estea interesada pola cultura cinematográfica galega. Aínda que non hai todavía unha audiencia masiva e segue sen ser tan coñecido como o cine máis comercial, o sector está crecendo grazas a todo o falado anteriormente e a por suposto axudas económicas por parte de entidades como AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) ou CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe).

UNHA MULLER INFLUÍNTE NO SECTOR: PEQUE VARELA.
Peque Varela nace en Ferrol no ano 1977. Estuda en Londres, onde se gradúa como Directora de Animación en National Film and Television School.
Dedícase principalmente ó cine de animación, cuxo proceso creativo baséase na experimentación cas técnicas. O seu cinema está cheo de elementos identificativos como a cor.
A fama chega coa dirección da curtametraxe documental “1977”, que recibe 15 premios internacionais e logra formar parte do cartel de prestixiosos festivais coma Sundance Film Festival y Clermont-Ferrand Film Festival.

FONTES:
A CUARTA PAREDE [en liña] [consulta: 16 de novembro de 2019] Dispoñible en: http://www.acuartaparede.com/es/
ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL [en liña] Festivais e mostras en Galicia [consulta: 16 de novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal/o-sector/festivais/

ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL [en liña] [consulta: 16 de novembro de 2019] Dispoñible en: https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal/es/
AGAPI [en liña] [consulta: 16 de novembro de 2019] Dispoñible en: https://www.agapi.gal/
ASOCIACIÓN DE PROFESIONAIS DA PRODUCIÓN AUDIOVISUAL [en liña] [consulta: 16 de novembro de 2019] Dispoñible en: https://www.asociacionappa.es/
CARBALLO INTERPLAY [consulta: 16 de novembro 2019]. Dispoñible en:m http://www.carballointerplay.com/es/hogar/
CENTRO GALEGO DE ARTES DA IMAXE [en liña] Pensando en cine/Pensando en Galicia [consulta: 16 de novembro 2019]. Dispoñible en: https://cgai.xunta.gal/gl/programacion/ciclos/pensando-en-cine-pensando-en-galicia
CREA ASOCIACIÓN GALEGA DE PROFESIONAIS DA DIRECCIÓN E RELAIZACIÓN [en liña] [consulta: 16 de novembro de 2019] Dispoñible en: https://www.crea.gal/
CULTURA DE GALICIA [en liña] [consulta: 16 de novembro de 2019] Dispoñible en: https://www.cultura.gal/es
FESTIVAL DE CANS [consulta: 16 de novembro 2019]. Dispoñible en: http://www.festivaldecans.gal/gl/
FILMIN [en liña] O Novo Cinema Galego [consulta: 16 de novembro de 2019] Dispoñible en: https://www.filmin.es/catalogo/etiqueta/nuevo-cine-gallego
MINISTERIO DE CULTURA E DEPORTE [en liña] [consulta: 16 de novembro de 2019] Dispoñible en: http://www.culturaydeporte.gob.es/cultura/areas/cine/industria-cine/normativa-reguladora.html
MUSEO DO POBO GALEGO [en liña] Mostra internacional de cinema etnográfico. Museo do pobo galego [consulta: 16 de novembro 2019]. Dispoñible en: http://museodopobo.gal/web/deac-programacion.php
OBSERVATORIO DA CULTURA GALEGA [en liña] [consulta: 16 de novembro de 2019] Dispoñible en: http://observatorio.consellodacultura.gal/
OLLOBOI [en liña] Festival audiovisual escolar [consulta: 16 de novembro 2019]. Dispoñible en: https://www.olloboi.com/
PLAYDOC [consulta: 16 de novembro 2019]. Dispoñible en: http://www.play-doc.com/
PRIMAVERA DO CINE [consulta: 16 de novembro 2019]. Dispoñible en http://primaveradocine.com/


Comentarios

  1. Síntoo, as fontes tiñan que ser nun único listado. e hai que axeitar os epígrafes globais dun guión global a cada sección.
    Non entendo. É difícil entender a proposta de contido.
    As fontes están mal.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A TELEVISIÓN EN GALICIA

FONTES ACTIVIDADE 2

ISLAM