O sector do videoxogo en Galicia

A industria do “gaming” en Galicia está aínda por explorar, é xove. Esta industria nútrese principalmente de dous estudos de desenvolvemento de videoxogos, Gato Salvaje Studio, ubicado na Coruña, e Polygone Studios, en Vigo. A continuación desenvolveremos o labor de cada un destes estudos de videoxogos, poñendo a lupa sobre os seus traballos e o seu mercado. Despois, comentaranse os espazos dentro da comunidade galega onde é posible cursar estudos de animación e desenvolvemento de videoxogos.

Comezaremos con Gato Salvaje Studio, fundada no ano 2010 polo animador 3D Fernando Prieto, e xa consolidada no panorama dos videoxogos independientes, é dicir, de empresas de desenvolvemento non vinculadas coas grandes compañías do sector.  Ao xa mencionado Fernando Prieto súmanselle 38 licenciados en enxeñerías informáticas, animadores de imaxe e técnicos audiovisuais, que forman o grupo de desenvolvemento da empresa coruñesa. 


Aínda que non contan con ningún título publicado coa opción de ser xogado en lingua galega, no seu último videoxogo, “The Waylanders”, a tradición celta e castrexa vese reflectida totalmente na trama do mesmo. No referido ao xénero dos xogos que desenvolven, os xogos de rol son a tónica dominante. Todos os títulos publicados por Gato Salvaje Studio, entre os que destacan AR-K, Run&Gun, Bullshot ou AR-K End Game poden ser adquiridos a través da plataforma de xogos en liña “Steam”. 


A outra empresa galega de certo peso no mercado dos videoxogos é Polygone Studios, afincada en Vigo e con máis de 10 anos de historia. Esta compañía de desenvolvemento enfócase maiormente na colaboración con diferentes empresas do sector con diferentes servizos, entre os que destacan a programación, a captura de movementos, o deseño 2D e 3D, a composición de bandas sonoras, o deseño de motor e o deseño de xogos. Respecto deste último servizo, aínda non hai previsto nin anunciado ningún proxecto relacionado coa saída ao mercado dalgún videoxogo en aras de desenvolvemento pola empresa viguesa. A compañía da cidade olívica unifica, a día de hoxe, un equipo de traballo integrado por 8 persoas, entre os que se atopan deseñadores de nivel en 3D e realidade virtual e artistas gráficos para o deseño. Esta empresa, decana do sector en Galicia, segue prestando servizos a compañías de desenvolvemento do talle de Ubisoft.
Tócalle o turno agora ás universidades onde se pode estudar desenvolvemento de videoxogos ou similares.

Na Universidade da Coruña xa está dispoñible un grao independente adicado na súa totalidade á creación dixital, animación e videoxogos. Na creación dixital interveñen a capacidade narrativa, o talento artístico, o enxeño técnico e o empurre empresarial. Sen estas capacidades non se pode desenvolver un traballo audiovisual neste sector.
Neste grao, os estudantes aprenderán o proceso completo de produción de animación e videoxogos dende diferentes puntos de vista. Para comezar, o plan de estudos require un amplo tempo de práctica e maduración co obxectivo de obter a habilidade suficiente para realizar o proceso produtivo. 

Desta maneira, no curso final, os alumnos xa contarán coas habilidades necesarias para realizar o Traballo de Fin de Grao e, sobre todo, para iniciarse no mundo laboral; poderán entrar nese novo grupo de “empregos do futuro”, relacionados co sector audiovisual: director técnico, produtor, deseñador de produto, deseñador ou modelador de personaxes e entornos, artista conceptual, artista de storyboard, deseñador de produción, guionista, deseñador narrativo, experto en experiencia do usuario, experto en layout ou set-up, animador, artista de luces e render, artista en efectos visuais… Esta universidade tamén impulsa anualmente unhas xornadas denominadas "Women in Games", nas que notables profesionais do sector desempeñan unhas clases maxistrais arredor da industria do videoxogo e do desenvolvemento dos mesmos.


Na Universidade de Vigo non existe un grao independente relacionado co desenvolvemento de videoxogos, pero si existe unha materia chamada “Videoxogos: deseño e desenvolvemento” dentro do grao de Comunicación Audiovisual. Ademais, dentro dos graos en Enxeñería de Telecomunicacións e Publicidade existen materias de comunicación alternativa, tecnoloxía multimedia, programación de sistemas intelixentes e produción audiovisual.


Estudantes dos tres graos xúntanse durante un cuadrimestre e traballan coma se formaran parte da industria dos videoxogos. Con estas reunións creouse o proxecto de innovación “Comtecart” (comunicación, tecnoloxía e arte), nome baixo o cal colgan o seu proceso de aprendizaxe na rede. Estes alumnos adquiren competencias coma as que comentabamos anteriormente no grao da UDC, pero o máis chamativo é o proxecto que están a levar a cabo: un videoxogo baseado no roubo de Códice Calixtino.

Vinte estudantes divididos en tres grupos desnvolverán tres verións do videoxogo inspirado neste caso. Un dos grupos optou por facer protagonista ao ladrón do códice, que se verá afrontando unha aventura con intriga e matices humorísticos; outro equipo preferiu centrar a trama na figura dun detective, mentres que o terceiro centrouse nunha loita contra sacerdotes satánicos.


Todos eles traballan seguindo a obra inédita de Miguel Anxo Fernández, “Timo Calixtino”, protagonizada por Frank Soutelo, un detective que investiga o caso. O obxectivo consiste en que os alumnos que proveñen de diferentes ámbitos traballen xuntos, como nunha empresa. Todos eles comezan o seu traballo seguindo os assets do deseñador Luis Fernández, modelos en tres dimensións a partir dos que comporán o videoxogo final.



FONTES DOCUMENTACIÓN


ASOCIACIÓN GALEGA DE VIDEOXOGOS E CONTIDOS INTERACTIVOS [en liña] Xornada Women in Games [Consulta 15 de novembro de 2019] Dispoñible en:


DIARIO DE PONTEVEDRA [en liña] Estudiantes de la UVigo crean vídeojuegos inspirados en el robo del Códice Calixtino [Consulta 17 de novembro de 2019] Dispoñible en: https://www.diariodepontevedra.es/articulo/pontevedra/estudiantes-uvigo-crean-videojuegos-inspirados-robo-codice-calixtino/201910301753521058708.html


FARO DE VIGO [en liña] Entrenados desde las aulas para crear videojuegos [Consulta 17 de novembro de 2019] Dispoñible en: https://www.farodevigo.es/sociedad/2019/06/10/entrenados-aulas-crear-videojuegos/2120970.html


GATO SALVAJE STUDIO [en liña][consulta 15 de novembro de 2019] Dispoñible en: 


POLYGON.E STUDIOS [en liña][consulta 15 de novembro de 2019] Dispoñible en:


UNIVERSIDADE DA CORUÑA [en liña] El estudio [Consulta 17 de novembro de 2019] Dispoñible en: https://estudos.udc.es/es/study/start/616g02v01


UNIVERSIDADE DA CORUÑA [en liña] En detalle [Consulta 17 de novembro de 2019] Dispoñible en: https://estudos.udc.es/es/study/detail/616g02v01


UNIVERSIDADE DE VIGO [en liña] Diario da Universidade de Vigo [Consulta 17 de novembro de 2019] Dispoñible en: https://www.uvigo.gal/es/universidade/comunicacion/duvi/alumnado-desenara-videoxogos-inspirados-nun-relato-roubo-codice-calixtino/


UNIVERSIDADE DE VIGO [en liña] Guía docente 2019_20: Facultade de CC. Sociais e da Comunicación [Consulta 17 de novembro de 2019] Dispoñible en: https://secretaria.uvigo.gal/docnet-nuevo/guia_docent/?centre=204&ensenyament=P04G070V01&assignatura=P04G070V01908&idioma_assig=cast

FONTES DE PRIMEIRA MAN
Fernando Prieto, produtor executivo de Gato Salvaje Studio.
Miguel Areán, CEO e director de proxecto de Polygon.e Studios.



Segmento do traballo realizado por: Iago Martínez Martínez e José María Loureiro Seijas.

Comentarios

  1. No guión indícase:
    Avaliación
    Nos criterios de avaliación terase en conta a precisión e o grao de actualidade da resposta, as fontes e citas ben redactadas, e a forma de presentación dos datos obtidos (organización e estrutura dos mesmos). Fontes orixinais. Listado único coas fontes realmente utilizadas.
    Engadir conclusións nas que se especifiquen con claridade os problemas, dificultades e dúbidas que apareceron na resolución da práctica.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A TELEVISIÓN EN GALICIA

FONTES ACTIVIDADE 2

ISLAM