O Sector Radiofónico en Galicia

Historia da Radiodifusión Galega

Para introducir o tema do sector radiofónico non hai mellor maneira que falar da historia da radiodifusión en Galicia:


A radio apareceu en Galicia a fináis dos anos 20, logo de implantarse case unha década  antes nas principáis cidades españolas; Madrid e Barcelona. Porén, tratáronse de emisións precarias promovidas por particulares que tiveron moi pouca continuidade.

Non foi ata  1932, baixo a tutela da 2ª Republica, cando se instalou a primeira emisora de radio en Galicia pertencente á cadena SER: Radio Galicia, con sede en Santiago de Compostela.

Ese mesmo ano, o dono dun local comercial na “ cidade das burgas”, Ramón Puga Noguerol, comenzaría  unha serie de exitosas retrasmisións radiofónicas efectuada mediante unha rudimentaria emisora instalada nunha habitación do mesmo establecemento que desembocaría no nacemento  de Radio Ourense en 1935. Esta  asociarase á SER en 1960.

Á sua vez, en 1934 xurden Radio Pontevedra, Coruña e Vigo. En 1935, a de Lugo. Estas foron as primeiras emisoras gallegas.

Subvencionadas por donacións dos ouvintes, comezaron cunha programación orientada a temas sociáis coa intervención de expertos. Pero todo cambiou coa chegada da Guerra Civil. A partir de aquí, as emisoras de radio tiveron un papel propagandístico do bando nacional.

Ao acabalo mencionado conflicto bélico  instaurouse o “Franquismo” no que o Estado tiña o monopolio dos medios de comunicación aos que obrigaba a emitir en castelán.

Durante dito réxime, xurdiron novas emisoras radiofónicas como, por exemplo, en 1940 a filial de “Radio Nacional de España” en A Coruña;  en 1952 “Radio Juventud de A Coruña”ou en 1957 “La Voz de Vigo”. Todas elas tiñan un espíritu político y pedagóxico, con vocación de servizo ao “Movemento nacionalista”. Eso sí, acabarán desaparecendo  a fináis dos oitenta coa súa integración en Radio Nacional de España.

Algunos outros casos foron os de “Radio Popular de Ferrol”, inaugurada no 66, “Radio Popular de Lugo e Vigo”, que comezan as súas emisións no 67 ou a “Radio Popular de Ourense” creada no 68. Estas  caracterizáronse pola “entrada de aire fresco” no mundo radiofónico que permitiu actualizar a linguaxe empregrada nas emisoras, así como o intento de fuxir da censura franquista. Tamén eran especiáis, porque supuxeron a primeira experiencia de radio galega, pois contaban cun 90 % de programación propia; non dictada desde Madrid, o que lles permitiu incorporar o galego ás difusións.

Coa chegada da democracia, o panorama radiofónico galego entrou nunha etapa que deambulou por situacións esperanzadoras e outras máis contradictorias.

Por un lado, a centralización das ondas medias, que non permitiu ás emisoras de Galicia desenvolver unha producción autónoma, xa que lles obrigaba a emitir o mesmo que as grandes cadeas españolas.

Así pois, a experiencia galeguizadora vista nos últimos anos do Franquismo, foise ao traste grazas, entre outras cousas, á creación en 1980 dunha sociedade anónima que controlaba case o 80 % da programación. Desta maneira, só “Radiocadena Española” ofrecía radiodifusión propia de Galicia. O resto procedía de Madrid e Barcelona. E si se quería levar a cabo un intento de producción radiofónica galega, por lei,  só se podía emitir en frecuencia modulada.

Aínda que a cuestión da frecuencia modulada,  ao alza desde comezos dos 70 con Radio Popular de Vigo, supuxo un gran beneficio  para a comunidade galega porque era a Xunta quen tiña as competencias para concedela, o que abriu un gran abanico de posibilidades no sector radiofónico galego.

Por exemplo,  “Antena 3 de Galicia”, proxecto promovido en 1983 pola “Voz de Galicia”, consistente en asociar as súas emisoras con Antena 3 en toda España. Isto posiblemente foi o intento máis poderoso de radio comercial desde a aparición da frecuencia modulada.

Non obstante, esta emisora de carácter rexional (contaba con estudios nas principáis cidades galegas e pobos como Viveiro ou Carballo) deixou de emitir a principios dos 90, integrándose dentro do “Grupo Voz”, con implantación nacional.

Asimesmo, xurden determinadas cadeas como Radio Noroeste,  Radio Meiga, Radio Arosa, etc.

Pero, todo isto non se pode comparar co comezo o 24 Febrero de 1985 das emisións do gran baluarte do mundo radiofónico galego, a” Radio Galega”; a primera emisora na historia que emitía íntegramente en galego. O seu primeiro programa, foi un espacio dedicado totalmente a poemas de Rosalía de Castro por motivo do aniversario do seu nacemento.

Hoxe en día, quitando algunhas radios municipáis (Radio Valga, Ourense Sí Radio...) e a Galega (xa sexa de música ou normal) non existen máis cadeas que conten cunha programación 100 % en galego, porque a pesar de que xurdiron algunhas polo camiño como, por exemplo, Radio Catro, no tardaron en desaparecer.



Por último, a modo de conclusión, a Radio Galega para adaptarse aos novos tempos lanzou fai uns días unha aplicación gratuita chamada “Radioplayer”, similar ao seu tocaio español, pero,  en este caso,  ofrece un servizo á carta  ao ouvinte que quera escoitar calquera emisora pública de Galicia.



Locutores galegos coñecidos

Ahora que xa falamos da radio galega en xeral, podemos centrarnos en nomes propios do sector. Aquí teñen cabida, sobre todo, duas persoas:

En primeiro lugar, Julia Otero, natural da vila luguesa de Monforte de Lemos, ainda que criada en Barcelona. Esta muller é unha das voces máis coñecidas do panorama radiofónico nacional.

Chega a  fama  na televisión, cando presentou a fináis  dos 80, na 1 un programa chamado 3x4, o cal gozou dun gran éxito.  

Isto abriulle a porta a traballar en 1990 no programa Protagonistas da COPE como colaboradora.  Ao poco tempo deixou a cadea episcopal, para incorporarse a Onda Cero, para presentar o seu propio programa; La Radio de Julia, co que gañou en 1994 unha das varias antenas de ouro que conseguiu a longo da súa carreira. Tamén obtivo en varias ocasións o outro máximo galardón que pode lograr un xornalista audiovisual en España, como é o premio ondas.

En 1999, foi despedida de Onda Cero, cadea a la que volve no 2007, para dirixir e  presentar o programa “Julia en la Onda”, emitido de luns a venres polas tardes.



A outra gran figura nada en Galicia relacionada coa Radio é Pepe Domingo Castaño (Padrón, 1942); un famoso cantante do século pasado, que dende neno fora un apasionado da radio.

Por iso, a finais dos 80 retirouse do mundo da música para incorporarse  como director da sección de publicidade ao “Carrusel Deportivo” da SER.


Votaría alí ata o 2010, cando o equipo do coñecido locutor deportivo Paco González (do que forma parte), trasládase á COPE, para protagonizar un espazo todos os fins de semana chamado “Tiempo de Juego”.  Nesta nova etapa, desempeña  o mesmo cargo.

No seu haber están galardones como o premio da Asociación de Periodistas de Madrid, que lle entregou o Ex-presidente Mariano Rajoy en persoa fai uns meses, ou o Premio profesional do sector que logrou no 2016.



Onde estudar en Galicia para traballar na radio

Por outro lado, no sentido da formación, en Galicia, tés opcións tanto de grado como de Formación Profesional para poder dedicarte ao sector radiofónico.

En canto ao primeiro, podes cursar na Universidade de Santiago de Compostela a carreira de xornalismo, se que queres convertirte na voz do medio, ou a de comunicación audiovisual se a túa vocación é ser técnico. Tamén podes estudar as dúas se sacas a calificación necesaria na selectividade para optar ao dobre grado.

Respecto á FP, existen varios ciclos relacionados co transistor. Por exemplo, podes asistir a cursos de locución n’A Coruña, ou de imaxe e son na sua respectiva escola en Vigo.


Audiencia


Tabóa do EXM do 2019, sobre a radio en Galicia

Outro tema interesante é o da audiencia radiofónica no territorio galaico. Aquí, segundo o Estudo xeral de Medios do 2019, o líder indiscutible  é a cadea Ser, de difusión en castelán (485 mil ouvintes). 

Segundo, este EXM, a Radio Galega ocupa a carta posición (a segunda dentro do perfil de cadea xeralista), con 292 mil ouvintes.

En medio destas dúas emisoras, atópanse dúas cadeas  musicais; o estilo de radio que máis creceu entre a audiencia polo que di o mencionado estudo, como son "Los 40 Principales" e "Cadena 100", con 426 e 371 ouvintes respectivamente.

Para rematar o asunto, en números xeráis, o consumo de radio, subiu un 1’6 %. Pero segue por detrás de medios como a televisión, que aumentou a súa demanda nun 1'48 %, e internet , a pesar de que baixou a súa cifra de usuarios nun 2'08 %. 


Muller especial no sector

Por último, é unha obrigación falar dunha fémina, como Rosa Maria Martínez Rivada (Vigo, 1947); coñecida por convertirse no 2009 na  primeira muller na historia que dirixe a Radio Galega (cargo que aínda ostenta na actualidade).  


Resultado de imagen de rosa maria martinez rivada
                                                                                                     

                           
Ela é unha apasionada da radio en galego tras ser marcada na súa xuventude por un programa chamado “Mil Primaveiras máis para a lingua” que se emitia de aquellas na “Radio Popular de Vigo”. Aínda que  se tivo que Licenciar en Filosofía e Letras porque entón non habia facultade de Ciencias da Comunicación en Santiago de Compostela.

Tras acabala carreira, comezou traballando nunha pequena cadea de radio viguesa; “Radio Noroeste”. Logo pasaría pola “Axencia Galega de Noticias” ou o xornal madrileño “El Sol”, antes de recalar na  Radio Pública de Galicia en 1986 como corresponsal en Vigo. En 1995, despóis de aprobar unha oposicion,  se trasladou á   redaccion de Santiago de Compostela, donde desempeñou sucesivamente diversos postos como coordinadora, redactora-xefe e xefa de informativos.  A partir de aquí a súa traxectoria alcanza un rumbo triunfal co seu nombramento como subdirectora da “RG” e a chegada fai unhaa década da oportunidade única de convertirse na súa directora.

Conclusións

Este traballo foi máis difícil do que aparentemente parecía, porque pensaba que iba a haber maior cantidade de informacion ao respecto. Pero, excepto a páxina da historia da radiodifusión e das biografías dos locutores, non existía ningún sitio web cun contido denso e relacionado coas demandas do exercicio. Así que tiven que pillar un pouco de aquí, outro de alá, para que polo menos a miña parte sexa aceptable. 

Fontes

ABC [en liña]. Pepe Domingo Castaño gana el Premio Profesional del Sector. 10 de marzo do 2016 [consulta: 17 novembro 2019]. Dispoñible en: 
https://www.abc.es/medios/abci-pepe-domingo-castano-gana-premio-profesional-sector-201603101556_noticia.html

EDUCAWEB [en liña]. Cursos de presentación y locución en A Coruña [consulta: 17 novembro 2019]. Dispoñible en:

MACHADO, Mayra. ELCORREOGALLEGO [en liña]. Rosa Martínez Rivada: “La radio siempre nos acompaña, sigue siendo la banda sonora de nuestras vidas”. 21 de marzo do 2015 [consulta: 11 novembro 2019]. Dispoñible en:


SEOANE, Luis. ELCORREOGALLEGO [en liña]. Pepe Domingo Castaño recibe de Rajoy el premio de la APDM. 30 de xaneiro do 2019 [consulta: 17 novembro 2019]. Dispoñible en:
https://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/pepe-domingo-castano-recibe-rajoy-premio-apdm/idEdicion-2019-01-30/idNoticia-1162370/


EMAGISTER [en liña]. Formación profesional imagen y sonido galicia [consulta: 17 novembro 2019]. Dispoñible en:

EUROPAPRESS [en liña]. Dos mujeres dirigirán por primera vez la TVG y la Radio Galega, Rosa Vilas y Rosa Martínez, respectivamente. 1 de xuño do 2009 [consulta: 11 novembro 2019]. Dispoñible en:

EXTRADIGITAL  [en liña]. Radio Galega le gana la batalla a COPE y se convierte en la segunda radio generalista. 2 de xullo do 2019 [consulta: 17 novembro 2019]. Dispoñible en:

JULIAOTERO.NET [en liña]. Biografía de Julia Otero [consulta: 17 novembro 2019]. Dispoñible en:
https://www.juliaotero.net/web/biografia

MOLERO, Julian. LAFONOTECA [en liña]. Biografía de Pepe Domingo Castaño. 29 de abril do 2019 [consulta: 17 novembro 2019]. Dispoñible en:
https://lafonoteca.net/grupos/Pepe-Domingo-Castano

MUNDIARIO [en liña]. Radio Galega encabeza en Galicia o lanzamento da aplicación gratuíta Radioplayer. 29 de outubro do 2019 [consulta: 11 novembro 2019]. Dispoñible en:
https://www.mundiario.com/articulo/eurorregion/radio-galega-encabeza-galicia-lanzamento-da-aplicacion-gratuita-radioplayer/20191029161633167924.html

RADIO.ES [en liña]. Emisoras en Gallego [consulta: 17 novembro 2019]. Dispoñible en:
https://www.radio.es/language/galician

XENTE.MUNDO-R [en liña]. Historia de la radiodifusión en Galicia [consulta: 11 novembro 2019]. Dispoñible en:  





Comentarios

  1. No guión indícase:
    Avaliación
    Nos criterios de avaliación terase en conta a precisión e o grao de actualidade da resposta, as fontes e citas ben redactadas, e a forma de presentación dos datos obtidos (organización e estrutura dos mesmos). Fontes orixinais. Listado único coas fontes realmente utilizadas.
    Engadir conclusións nas que se especifiquen con claridade os problemas, dificultades e dúbidas que apareceron na resolución da práctica.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pero si hay un apartado con conclusiones en negrita y letra grande

      Eliminar
  2. https://emisora.org.es/region/galicia/
    https://www.radiofusion.eu/co%C3%B1ecenos/quienes-somos

    ResponderEliminar
  3. Fontes están incorrectas.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A TELEVISIÓN EN GALICIA

FONTES ACTIVIDADE 2

ISLAM