A publicidade en Galicia

A inversión en publicidade é clave para as marcas de tódolos sectores en todo o mundo, e Galicia non é menos. Das empresas galegas, a líder destacada en canto a inversión publicitaria é a empresa alimenticia Hijos de Rivera, con sede na Coruña, coñecida principalmente pola súas marcas Cabreiroá, 1906 e sobretodo Estrella Galicia, cuxas campañas publicitarias destacan pola súa orixinalidade e lemas, sendo lemas coma “Escandalosamente buena”, ou actualmente “Estrella Galicia se une a la resistencia” populares tanto a nivel galego coma en toda España. A súa inversión total en 2018 foi superior ós cinco millón de euros, dous millóns máis ca segunda marca no ránking, Luckia Games, empresa con sede tamén na Coruña dedicada ás apostas, xogos de casino, etc.GADISA (distribuidora do Grupo IFA, con sede en Betanzos), Caamaño, Concheiro y Seoane (despacho de avogados, con sedes a nivel galego en Coruña e Vigo) e Pescanova (alimentación, con sede en Redondela) completan o top 5. Na fotografía a continuación poderedes ver o ránking completo (crédito das imaxes: ingeniomedia.es):







No que ás axencias de publicidade respecta, o medio especializado El publicista incluiu a varias axencias galegas no seu top 100 de axencias de publicidade máis destacadas de España en Marzo de 2018. Estas foron:

  • quattro idcp (posto 27º, 220 puntos): Axencia con sede na Coruña responsable de campañas para KFC, BMW, Feiraco e a xa mencionada Estrella Galicia. O seu director xeral é Jaime Conde, que se ve acompañado de dúas mulleres na directiva, sendo estas as executivas de contas da axencia, Cecilia Regueira e Elena Piñeiro.
  • Anónimo advertising (posto 34º, 170 puntos): Con sede en Vigo, Anónimo advertising leva máis de 25 anos no sector, recibindo numerosos premios ó longo da súa historia. Os seus clientes inclúen a Sogama, ó Real Club Celta de Vigo, e á Universidade de Vigo.
  • BAP&Conde (posto 42º, 135 puntos): Esta firma coruñesa é máis coñecida pola campaña Vivamos coma Galegos, do supermercado GADIS, pero tamén polas súas campañas para Larsa, Vivesoy de Pascual, e o Concello de A Coruña.
  • Iconweb (posto 92º, 60 puntos): Con sedes en Pontevedra e Madrid, esta axencia ofrece servizos de publicidade, xestión de RRSS e planificación de marketing dixital, entre outros. Os seus clientes máis destacados inclúen a Pizzahut, Flexicar e Gradiant.
  • E finalmente, Roi Scroll (posto 94º, 60 puntos), que destaca a nivel nacional polas súas campañas para Pizza Móvil, Acre Clima e a campaña Desenvídiate, de Pescanova.

No que a normativas respecta, a normativa galega é similar á da maioría de países do mundo, prohibindo a publicidade de productos coma o tabaco e restrinxindo a publicidade alcohólica. A isto débeselle sumar a publicidade de casas de apostas e xogo, a cal foi limitada este ano coa aprobación da Lei do Xogo por parte da Xunta de Galicia. Debido a isto, entre outras consecuencias, restrinxirase a publicidade deste sector en determinados medios e ámbitos, destacando a prohibición de dita publicidade en todo ámbito fora do escrrito, tendo consecuencias da talla da prohibición ao Deportivo da Coruña de exhibir na súa camiseta publicidade de Luckia, empresa que é o seu patrocinador principal. A patronal do sector publicitario mostrou publicamente o seu acordo coa lei.

Concluímos falando dos estudios, e é que ademáis dos diferentes ciclos de Formación Profesional e títulos non oficiais, dúas das tres universidades galegas ofrecen na súa oferta educativa un Grao en Publicidade e Relacións públicas, sendo esta a Universidade da Coruña e a de Vigo (no seu campus de Pontevedra). Ambas teñen unha duración de catro anos, desenvolvéndose o curso entre Setembro e Xuño, con 240 créditos ECTS no grao na Universidade da Coruña e 200 na de Vigo. A USC é na actualidade a única universidade galega sen ofertar este grao.


BIBLIOGRAFÍA

  1. Anónimo advertising (en liña) (en castelán) (Consulta: 11 Novembro 2019). Dispoñible en: https://www.anonimoadvertising.com/
  2. Bap&Conde (en liña) (en castelán) (Consulta: 11 Novembro 2019). Dispoñible en: http://www.bapcondemedia.com/
  3. Blog. Anónimo advertising (en liña) (en castelán) (Consulta: 11 Novembro 2019). Dispoñible en: https://www.anonimoadvertising.com/blog/
  4. Cesuga (en liña). Grado en Publicidad y Relaciones Públicas en La Coruña (Galicia) (en castelán) (Consulta: 11 Novembro 2019). Dispoñible en: https://cesuga.com/grado-en-publicidad-rrpp/gmx-niv45.htm
  5. "Cinco agencias gallegas, entre las 100 agencias de publicidad más destacadas (en castelán)". Extra digital, 6 de Marzo de 2018 (en liña) (Consulta: 11 Novembro 2019). Dispoñible en: http://www.extradigital.es/cinco-gallegas-entre-las-100-agencias-de-publicidad-mas-destacadas/#prettyPhoto
  6. "¿Qué marcas lideran la inversión publicitaria en Galicia? (en castelán)". Extra digital, 21 de Marzo de 2019 (en liña) (Consulta: 11 Novembro 2019). Dispoñible en: http://www.extradigital.es/que-marcas-lideran-la-inversion-publicitaria-en-galicia/
  7. "Historia de la publicidad en Galicia (en castelán)". Briefing galego6 de Xuño de 2013 (en liña) (Consulta: 11 Novembro 2019). Dispoñible en: https://www.briefinggalego.com/historia-de-la-publicidad-en-galicia
  8. Iconweb (en liña) (en castelán) (Consulta: 11 Novembro 2019). Dispoñible en: https://www.iconweb.es/
  9. MELCHOR, Xurxo. "El sector apoya la nueva Lei do Xogo y reclama que se restrinja la publicidad (en castelán)" en La Voz de Galicia, 19 de Xullo de 2019 (en castelán) (Consulta: 11 Novembro 2019). Dispoñible en: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2019/07/19/sector-apoya-nueva-lei-do-xogo-reclama-restrinja-publicidad/0003_201907G19P33997.htm
  10. "La Xunta prohibirá la publicidad de Luckia en las camisetas del Dépor (en castelán)". Economía Digital, A Coruña, 03 de Xuño de 2019 (en liña) (Consulta: 11 Novembro 2019). Dispoñible en: https://galicia.economiadigital.es/directivos-y-empresas/la-xunta-prohibira-la-publicidad-de-luckia-en-las-camisetas-del-depor_629078_102.html
  11. Quattro idcp (en liña) (en castelán) (consulta: 11 Novembro 2019). Dispoñible en: http://quattroidcp.com/
  12. Roi Scroll (en liña) (en castelán) (consulta: 11 Novembro 2019). Dispoñible en: https://www.roiscroll.com/
  13. Universia (en liña). ESTUDIOS, Universidade de Vigo, Grado en publicidad y relaciones públicas (en castelán) (consulta: 11 Novembro 2019). Dispoñible en: https://www.universia.es/estudios/universidade-vigo/grado-publicidad-relaciones-publicas/st/168693


Comentarios

  1. No guión indícase:
    Avaliación
    Nos criterios de avaliación terase en conta a precisión e o grao de actualidade da resposta, as fontes e citas ben redactadas, e a forma de presentación dos datos obtidos (organización e estrutura dos mesmos). Fontes orixinais. Listado único coas fontes realmente utilizadas.
    Engadir conclusións nas que se especifiquen con claridade os problemas, dificultades e dúbidas que apareceron na resolución da práctica.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A TELEVISIÓN EN GALICIA

FONTES ACTIVIDADE 2

ISLAM