A INMIGRACIÓN EN GALICIA



1. PERSPECTIVA DE XÉNERO


Fonte: IGE e elaboración propia


Galicia non é nin lonxe o destino preferente para a inmigración española. Segundo datos do Instituto Galego de Estadística, no 2018 había un total de 221.963 persoas extranxeiras residindo na  nosa rexión. Delas, 118.410 eran mulleres, fonte a 103.553 homes.


As mulleres levan sendo unha porcentaxe maioritaria do número de xente que chega a Galicia de forma consecutiva dende o ano 2012, ano no que chegaron 8.867 mulleres a Galicia fronte a 8.602 homes. A maioría da inmigración feminina é externa (é dicir, provinte doutra Comunidade autónoma ou do extranxeiro), sendo este o caso de 10.842 do total de 13.918 mulleres que chegaron a Galicia en 2018 en base aos padróns municipais galegos, e na inmensa maioría dos casos, proveñen do estranxeiro (9.152 fronte a 1.690 mulleres que chegan a Galicia dende outra Comunidade autónoma), sendo os países que máis nos aportan Portugal (5.922), o Brasil (5.407), Rumanía (4.203) e Venezuela (3.837). Esta maioría feminina dase en tódolos casos de inmigración a Galicia agás no da inmigración dende outras CCAA, no cal os homes aventaxan ás mulleres con 1.779 inmigrantes masculinos fronte ás xa mencionadas 1.690 inmigrantes femininas. Sen embargo, segundo o Foro Económico e o Círculo de Empresarios galegos estes números non son suficientes, xa que segundo eles precisaríase de 20.000 novas mulleres ó ano en Galicia para manter a natalidade e evitar a tendencia descendente demográfica que asola á nosa rexión.

Pero, máis aló das cifras, que perfil ten a muller inmigrante? Segundo investigacións da Universidade Complutense, a chegada de mulleres a Galicia dende o estranxeiro non comeza realmente ata os anos 70, sendo a maioría das inmigrantes dominicanas e Arxentinas ata os anos 90 cando Colombia pasa a ser o país do que máis inmigración recibimos. Esta maioría colombiana deuse ata que Brasil converteuse no punto principal de saída de mulleres con destino a Galicia tras Portugal na década dos 2000. A maioría das inmigrantes latinoamericanas atópanse en grupos de idade de entre 25 e 40 anos, e os seus motivos son na maioría de casos laborais, aínda que tamén danse casos de mulleres que inmigran a Galicia para vivir coas súas parellas, as cales fixeron este proceso antes ca elas. Á súa chegada axuda tamén o feito de que moitas teñen familiares procedentes de España (os cales emigraron a mediados do Século XX para buscar un futuro mellor), o cal axiliza a obtención da documentación precisa para marchar cara a Galicia. Unha vez chegadas, un 72% establécense en ámbitos urbanos, fronte ao 28% restante, que opta polo rural.


No ámbito laboral, Galicia difire da maioría de CCAA na labor desenrolada polas mulleres inmigrantes debido a que as mulleres galegas seguen sendo a maioría das que traballan no ámbito doméstico. Sen embargo, no ámbito do traballo sexual, o 93% de traballadoras proceden do estranxeiro. As súas condicións de traballo soen ser bastante malas, véndose obrigadas a traballar á súa chegada durante moitas horas e cobrando moi pouco debido á gran necesidade de conseguir e manter o emprego fronte á ameaza da deportación no caso de ser despedidas. Incluso no caso de, unha vez haber estado sen traballar durante un período de tempo bastante amplo, querer volver ós países de orixe as mulleres inmigrantes vense vítimas da explotación laboral, xa que a súa situación precaria económica deriva en que teñan que seguir buscando un emprego para poder permitirse volver a casa.


No que á normativa respecta, esta brilla pola súa ausencia no ámbito do traballo sexual debido a que a prostitución é considerada alegal en España (é dicir, que non está legalizada, pero tampouco é castigado o exercicio da profesión e unicamente pénase aos proxenetas con penas de ata 5 anos de cárcere e ós clientes con multas no marco da chamada Lei Mordaza). Unicamente Euskadi e Cataluña teñen algún tipo de normativa relativa á prostitución, polo que en Galicia as prostitutas encóntranse sen normativa algunha que as protexa. Os motivos principais que fan ás mulleres inmigrantes decidir exercer a prostitución son a gran cantidade de cartos que se pode gañar con respecto ao resto de alternativas, así coma a autonomía laboral que lles da a prostitución ó depender delas mesmas (algo que non é de todo certo, xa que no caso das prostitutas que traballan na rúa entra a figura dos chulos, que controla todo o seu traballo e ganancias a cambio de protección). A maioría das prostitutas realizan o seu traballo en clubes ás aforas das cidades ou burdeis de carreteira, nos cales traballan durante a tarde e gran parte da noite e, en moitos casos, viven a cambio dun alquiler e de compartir parte das ganancias cos dueños dos locais, sendo o principal inconvinte as redadas policiais contra os clubes.



No que ao servizo doméstico respecta, este si ten normativas que o regulan co obxectivo de axudar fronte á situación precaz das empregadas. O exemplo más recente disto é a Ley 27/2011 de 1 de agosto sobre actualización, adecuación e modernización do Sistema da Seguridade Social, que reforma o Real Decreto 1424/1985 para facer obrigatorio o pago en efectivo do salario mínimo e a extensión en nóminas, así coma unha mellor indemnización por despido, uns mellores horarios laborais e a obriga de estipular por escrito o empregamento. Sen embargo, estas medidas non están tendo un efecto positivo a efectos prácticos, xa que debido ó maior control moitos empregadores despiden as súas traballadoras para non ter que inscribilos, ao cal hai que sumar a ausencia de inspreccións de traballo regularizadas, xa que os inspectores só fan acto de presencia se hai algunha denuncia. No que ós ámbitos de traballo corresponde, as traballadoras agrúpanse en internas e externas:


  1. Internas: Viven e traballan no mesmo fogar. Isto ten a vantaxe de ter comida e lugar onde vivir garantidos, pero a cambio a xornada de traballo dura practicamente 24 horas, a vida persoal fora do traballo e en consecuencia nula, e moitas veces os empregadores teñen unha actitude de desprecio hacia as súas empregadas.
  2. Externas: Viven nun lugar diferente ó de traballo. A gran vantaxe disto é que isto permite as empregadas ter unha vida a parte da laboral, pero a cambio debido ós baixos salarios deben traballar á vez en varios lugares.



2. SITUACIÓN SOCIO-ECONÓMICA

SITUACIÓN LABORAL:
Galicia foi historicamente unha rexión caracterizada pola emigración durante moitas décadas do século pasado. Pero o certo é que dende mediados dos anos 90 ata hoxe, a inmigración que recibe Galicia chegou a niveis de récord. Pero cal é a situación deste sector da poboación?
Segundo fontes do INE, a inmigración na nosa comunidade ten un porcentaxe baixo de ocupación laboral. Situándose por debaixo doutras como Madrid ou Cataluña, onde arredor do 14% de traballadores, son inmigrantes. Aquí ese porcentaxe é tan só do 4,2%.




MOTIVACIÓNS PARA VIR A GALICIA:
Por outra banda, cal é o fenómeno polo que estas persoas deciden vir a vivir a Galcia? No 2014 arredor dun 60% alegaba motivos familiares, mentres que un 29% viña coa meta posta en atopar un emprego.
Fonte: IGE


COÑECEMENTO DO IDIOMA:
Dentro da integración que necesitan as persoas estranxeiras, as linguas xogan un papel importante. E no caso de Galicia onde o galego e o castelán son cooficiais, este era o coñecemento de cada lingua polos residentes en Galicia que naceron fora de aquí.

Galego:

Fonte: IGE

Castelán:

Fonte: IGE

AXUDAS
E para rematar, no tema de axudas e subvencións, a poboación estranxeira non recibe ningún subsidio polo feito de ser estranxeiro. En España o único requisito en moitas das axudas é o de ter residencia legal no territorio español, logo xa en cada comunidade autónoma pode haber subvencións a parte, en favor da integración. Pero si que é certo que no caso da inmigración irregular, existen coberturas básicas para eles. (escolarización, asistencia sanitaria básica, acceso a comedores públicos para menores de 18 años, etc.) Aínda así están suxeitos á expulsión do país, se a policía de estranxería se percata da súa condición irregular.
Entrado máis en materia, no ámbito da sanidade pública, os inmigrantes visitan menos as consultas médicas, e tamén acoden menos ao médico de cabeceira e aos especialistas. Entre os españois fano un 36,1%, fronte o 31,3% de estranxeiros.





3. POR IDADE: NENOS, ESTUDANTES, TRABALLADORES E XUBILADOS

Os datos máis recentes relativos á inmigración en Galicia son do 2018, dado que o 2019 aínda non rematou e non se pode saber, polo momento, un dato total.

Existen dous tipos de inmigración: inmigración interna (na mesma provincia ou doutra provincia de Galicia) e inmigración externa (doutra comunidade autónoma ou do estranxeiro).
O Instituto Galego de Estatística indica que:
-      107.119 inmigrantes chegaron a Galicia o ano pasado.
-      64.362 proviñan da mesma ou doutra provincia galega.
-      42.757 proviñan doutra comunidade autónoma ou do estranxeiro.

INMIGRACIÓN TOTAL:
Menores de 16 anos
15.745
16 – 24 anos
11.532
25 – 34 anos
24.257
35 – 44 anos
21.237
45 – 54 anos
12.952
55 – 64 anos
8.458
65 anos ou máis
12.938

INMIGRACIÓN INTERNA TOTAL:
Menores de 16 anos
9.338
16 – 24 anos
5.999
25 – 34 anos
14.262
35 – 44 anos
13.303
45 – 54 anos
7.871
55 – 64 anos
4.874
65 anos ou máis
8.715

INMIGRACIÓN EXTERNA TOTAL:
Menores de 16 anos
6.407
16 – 24 anos
5.533
25 – 34 anos
9.995
35 – 44 anos
7.934
45 – 54 anos
5.081
55 – 64 anos
3.584
65 anos ou máis
4.223

Como conclusión destes datos, observamos que a inmigración interna é considerablemente superior en todas as franxas de idade que vemos nestas táboas. Podemos dicir que a  Galicia “chegan” máis galegos ca outros españois ou estranxeiros.

Comprobamos como as franxas de idade de 25-34 anos e 35-44 anos son as que máis movementos inmigratorios teñen, dobrando nalgúns casos ás outras franxas de idade. Podemos, polo tanto, dicir que as idades que se corresponden cos períodos de iniciación e de plena aplicación laboral son as que máis inmigran; concretando un pouco máis, nos na franxa de 25-34 anos hai un maior número de movementos. Pola outra banda, nas idades de finalización laboral (55-64 anos) hai un movemento moito menor, o que é lóxico porque nestas idades, a xente adoita estar acomodada nun traballo fixo.

Mentres tanto, os menores de 16 anos e os xubilados forman as franxas de inmigración máis regular, aínda que son moi superiores ás cifras de comezos de século.
Se comparamos estes datos con outros de anos anteriores, pero no mesmo século, podemos afirmar que a franxa que domina sempre neste campo é a de 25-34 anos, e a seguinte (35-44) foi medrando a un ritmo moito maior que as demais franxas inferiores ata case superar franxa anterior.



4. LUGAR DE PROCEDENCIA

Galicia, a pesar de ser unha terra tradicionalmente de emigrantes, segundo  cifras sacadas polo Instituto Galego de Estadística  (IGE) sobre os estranxeiros con residencia no territorio galaico, atopámonos con que acolle a persoas de moi diversos países.

Aquí destaca principalmente a Colonia Latina: Venezuela con  6.275 inmgrantes; Colombia (5.063); a Republica Dominicana (3.190); Cuba (2.311); Perú (2.278); Arxentina (2188); Uruguai (1.853); Paraguai (1.434); Ecuador (687); Bolivia (627), e Chile (580).

Asi mesmo, a comunidade lusófona tamén ten unha importante presenza dentro das nosas fronteiras, xa que Portugal aporta 14.648 habitantes a Galicia, e Brasil outros 7.869.

Ademáis, a “Nosa Terra” é un destino atractivo para algunhas das nacións máis relevantes da UE, pois hai 3.565 inmigrantes italianos; 1981 británicos; 1598 franceses, ou 1079 alemáns.

Á súa vez,  existe un éxodo considerable desde Europa do Leste, xa que de Rumanía chegaron 8.442 membros da súa poboación; de Bulgaria 880; de Rusia, 673; de Ucraína, 593, e, de Polonia, 509.
Datos do INE. Elaboración propia

Por outra parte, desde o continente africano chegaron  6.900 inmigrantes de Marrocos; 2.645 de Senegal; 700 de Arxelia, e, 561 de Nixeria.

Respecto a Asia, constan 3.087 chinos rexistrados.

Para rematar, con relación a Oceanía máis os chamados apátridas, suman entre os dous, un total de 116 residentes estranxeiros en Galicia.







Datos do INE. Elaboración propia

A modo de conclusión, se sumamos todo, danos 92.558 inmigrantes foráneos, aos que hai que añadir os procedentes das demáis rexións de España. Segundo datos do Instituto Nacional de Estadística (INE), desde o 2008 ao 2018, houbo un fluxo migratorio nacional cara a Galicia de 162.372 persoas. No derradeiro éxodo, destacaron os 2851 habitantes que viñeron da Comunidade de Madrid; os 1907 procedentes de Cataluña, ou os 1480 nativos das Illas Canarias.



Comentarios

  1. Por que empezamos polo xénero, cando nos sitúamos un contexto xeral sobre do que se vai falar. É pouco lóxico e pouco efectivo. Hai que enmarcar do que se vai a falar. Galicia e inmigración dunha forma global e identificando as etapas e situando cada unha deles tamén nun contexto de Galicia e de España, Europa e mundo, si fose necesario. É encadrar, non facer un libro.
    Os gráficos parecen ter fonte, pero son ilexibles polo diminutos que aparecen. Hai que coidar a presentación gráfica do traballo. É un dos aspectos a avaliar.
    POR IDADE: NENOS, ESTUDANTES, TRABALLADORES E XUBILADOS, tamén xubilados e onde aparecen?
    A Nosa Terra??????? Non se poden facer parágrafos de tres liñas, iso da a sensación de ser sumarios sen relato que una o contido¡

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A TELEVISIÓN EN GALICIA

FONTES ACTIVIDADE 2

ISLAM