A EMIGRACIÓN EN GALICIA

1. PERSPECTIVA DE XÉNERO


Historicamente, ata os anos 80 os movementos migratorios non daban apenas relevancia á participación das mulleres, aínda que o número levara aumentando dende 1960. Nos países desenvolvidos, a emigración de mulleres pasou do 47,9% no 1960 ao 60% no 2000. A maioría de transformacións que houbo dende os 80 relacionarse co cambio da paisaxe migratoria, que favorece as correntes migratorias de mulleres. A evolución histórica é a seguinte:ale

FECHA
EMIGRANTES HOMBRES
EMIGRANTES MUJERES
TOTAL EMIGRANTES

% EMIGRANTES
2017
609.615
736.247
1.345.862
2,28%
2015
582.556
706.669
1.289.225
2,78%
2010
498.099
601.366
1.099.465
2,36%
2005
514.075
606.991
1.121.066
2,55%
2000
592.516
706.231
1.298.747
3,19%
1995
640.011
731.164
1.371.175
3,44%
1990
690.938
758.378
1.449.316
3,73%

Hoxe en día, emigran mais mulleres que homes. Segundo os datos do INE, en 2019 emigraron un total de 46.427.975 persoas, das cales 22.758.319 eran homes e 23.669.656 mulleres, case un millón mais.
Na nosa comunidade, emigraron no último ano un total de 39.350 mulleres e 38.990 homes, unha diferencia menos pronunciada que na media española.
O factor do xénero garda relación coa maneira na que as persoas emigran, as relacións sociais de xénero son determinantes na mobilidade espacial. A condición desigual da muller na sociedade da forma as causas, condicións, características e consecuencias. Os determinantes son a división sexual de traballo, a maternidade ou a diferencia de acceso aos mercados de traballo. Dento desa concepción desigual, o nivel de autonomía da muller na nosa sociedade favorece a emigración, para mellorar a súa condición persoal e social. Entra tamén en xogo a capacidade económica do individuo, e as posibilidades que ten dentro do país ou fora del para mellorala.
Tamén a transformación dos mercados de traballo a nivel global determinan a demanda.
A migración de mulleres autónomas, que saen do país soas deixando a familias dependentes no país de orixe, cun motivo migratorio económico e non de re agrupación familiar xa non é un fenómeno illado ou pouco recoñecido. O cambio nas relacións de poder home – muller concibidos dende a categoría de rol de xénero no contexto da dinámica familiar tamén o favorece.


2. SITUACIÓN SOCIO-ECONÓMICA


Entre 2010 e 2018, marcharon fóra de Galicia 269880 persoas, e máis dun terzo destas emigraron fóra de España. Aínda que existen multitude de motivos que poden levar a unha persoa a emigrar, a gran maioría faino por motivos económicos. Segundo datos oficiais do INE, Galicia ten a 5ª taxa de emprego máis baixa de España : 46,2%, 3 puntos por debaixo da media estatal. Incluso entre os que teñen traballo, as condicións laborais non ofrecen moitos incentivos para que a xente se quede. 

Máis da cuarta parte dos traballadores teñen un contrato temporal, e a renta anual media por fogar está case 1000€ por debaixo da media estatal. Esta situación é todavía peor para a xente que se incorpora ao mercado laboral. A nosa comunidade ten unha taxa de paro superior ao 26% entre os menores de 25 anos, polo que moita xente que remata os seus estudos  vése obrigada a buscar traballo fóra. Segundo datos do IGE (Instituto Galego de Estatística), máis de 140 000 menores de 35 anos tiveron que marchar de Galicia entre o 2010 e o 2018, conformando o 53% da emigración. 

Unha enquisa realizada pola Voz de Galicia a emigrantes galegos no estranxeiro amosa que máis da metade dos emigrantes contan cun título universitario, e opinan que as condicións das que disfrutan no seu país de residencia son mellores das que terían aquí. Na nosa comunidade, case unha quinta parte dos traballadores reciben un “soldo baixo” (2/3 da mediana ou menos) e os emigrados recoñecen que, aínda que a vida no estranxeiro tende a ser máis cara, os soldos máis altos permítenlles ter unha calidade de vida moi superior da que disfrutarian aquí.





3. POR IDADE: NENOS, ESTUDANTES, TRABALLADORES E XUBILADOS

Datos do Instituto Galego de Estatística (2018)




14.945 galegos de entre 25 e 44 anos marchan fóra de Galiza



Dende que comezou a crise o número de xuventude emigrada aumentou de 26.916 ata 30.366

- Datos do Instituo Nacional de Estatística (2019)


Existen en total 519.646 galegos vivindo no estranxeiro

Datos da Revista Galega de Economía (2012)






- Colegio Santiago Apóstol

O 8 de marzo de 1998, Manuel Fraga, presidente da Xunta de Galicia, inaugura un centro educativo chamado “Colegio Santiago Apóstol”. Este centro atópase en Arxentina e é unha obra en colaboración co Centro Galicia de Bos Aires. O seu propósito é “propagar e soster unha educación basada nos principios biculturais arxentino-galegos”. Este centro imparte clases en lingua galega e ensina tamén a historia, tradición, arte e folclore galegos. Asisten cerca de 400 alumnos.


O 26 de abril de 2005 se sentaron as bases dun convenio que permitiría becar a fillos de emigrantes galegos neste colexio. Foron destinados 4.500 euros anuales ao centro. 



4. LUGAR DE DESTINO


Galiza é unha comunidade tradicionalemnte emigrante. Durante o século XIX comenzaban as grandes ondas de emigración, sobre todo cara a Sudamérica, en particular a Cuba e a Arxentina.
Durante o século XX a emigración comeza a ser maior debido a que non había traballo e para fuxir tamén das represións, pero centrémonos na emigración actual, xa que pese a que diminuíu de maneira moi significante, segue a haber grandes movementos migratorios dende Galiza cara ao estranxeiro ou cara a outras cominidades autónomas dentro de España.
Dende o ano 2005 os datos de emigración cara ao estranxeiro ou cara outras comunidades autónomas son estos:

   
Como podemos observar nas gráficas, a día de hoxe os movementos migratorios dende Galiza son maioritariamente cara outras comunidades autónomas debido a despoboación que sofre a comunidade e debido tamén a falta de oportunidades e de medios para a xente máis nova, que son os que soen emigrar. 

Aínda así seguen existindo movementos migratorios cara países estranxeiros, sobre todo a partires do ano 2007 cando en España comeza a crise económica e a xente comeza a marchar en busca de novas oportunidades de emprego ou unha vida nova. Os galegos emigran a Arxentina, que foi o país que recibiu máis emigración galega no século XX e que segue séndoo, no 2009 contaba con 121,207 emigrantes galegos. O segundo país que recibe máis galegos é Venezuela, seguido de Brasil, Suiza e Uruguay.

Na actualidade máis do 75% dos galegos que emigran ao estranxeiro diríxense cara América, o que perpetúa a tradición dos séculos pasados; rondando o 20% están os galegos que emigran a estados europeos; por último, e de maneira case insignificante, atópanse os galegos emigrados a estados africanos, asiáticos ou oceánicos, neste último só atopamos galegos en Australia e Oceanía.

Cabe destacar tamén que aínda que a emigración galega diminuíu moito nestes últimos anos en comparación ao século pasado, só 57 países no mundo non teñen a presenza dun galego, sobre todo son países de África, Asia e Oceanía.

Comentarios

  1. Por que empezamos polo xénero, cando nos sitúamos un contexto xeral sobre do que se vai falar. É pouco lóxico e pouco efectivo. Hai que enmarcar do que se vai a falar. Galicia e emigración dunha forma global e identificando as etapas e situando cada unha deles tamén nun contexto de Galicia e de España, Europa e mundo, si fose necesario. É encadrar, non facer un libro.
    Hoxe en día, cando é?: 2010, 1998, 2019... Hai que especificar con claridade as datas.
    Cal é a fonte dos datos da primeira táboa. Calquera cifra precisa a súa fonte orixinal.
    Cando é o último ano? Marcharon fóra de Galicia, segundo quen? A quinta taxa de emprego corresponde ao período 2010-2018? Enquisa feita por La Voz de Galicia (cursiva), cando? Do infográfico, cal é a fonte e a data? Non se poden copiar e pegar gráficos sen mencionar a fonte. É obrigatorio.
    Cal é o contexto dos gráficos de tarta? Onde está o relato que sitúe esas cifras, causas, consecuencias, dificultades... e que significa: POR IDADE: NENOS, ESTUDANTES, TRABALLADORES E XUBILADOS, incluído o dos xubilados?
    Que pinta o Colexio Santiago Apóstol?
    Os datos dos gráficos febre/lineal, cal é a fonte?
    Na actualidade, cando é exactamente?
    Cal é a fonte do mapa: datos e deseño?
    A presentación tamén é importante¡

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A TELEVISIÓN EN GALICIA

FONTES ACTIVIDADE 2

ISLAM