SUFRAXIO FEMININO EN 1919
1919 foi un punto de inflexión para o voto das mulleres. En anos anteriores, o colectivo feminino xa podía acudir ás urnas en determinados países como Nova Zelandia ou nalgúns países do norte de Europa; mais foi no ano 1919 cando nos Estados Unidos comezou un proxecto de inclusión das mulleres nos comicios: A Décimo Novena Emenda da Constitución dos Estados Unidos. Este proxecto tivo unha notable relevancia mundial e sumáronse numerosos países no mesmo ano (Armenia, Austria, Bielorrusia, Bélxica, Luxemburgo, Países Baixos, Ucraína) ou pouco despois (Albania, Checoslovaquia, Ecuador, Porto Rico).
É importante mencionar que esta proposta dos Estados Unidos ten un grande defecto porque ata 1967 non se sumaron as mulleres negras ao sufraxio feminino. Aínda con este atraso, os EUA tiñan e continúan tendo moita relevancia social e considérase o país máis poderoso do mundo, por iso a decisión de que nun país coma este puidesen votar as mulleres abriu as portas ao resto do planeta.
En 1948 firmouse a Declaración dos Dereitos Humanos, na que constaba o sufraxio universal, pero a firma destes dereitos non supuxo a inmediata e mundial instauración dos mesmos, por iso 1948 non foi máis importante que 1919 en canto a sufraxio feminino se refire. Numerosos países subdesenvolvidos, destacando os africanos, retardaron estas aprobacións ata a década dos 60 e incluso os 70.
100 anos despois, o dereito a voto das mulleres estendeuse por todos os países, agás no Vaticano.
Non se entende ben a elección deste acontecemento. Onde está a relevancia de 1919 e o sufraxio femenino. Non queda claro na exposición. E si hai que apuntar en que anos os países lexislaron para que votaran as mulleres. Pouco comprensible a razón da elección. A foto a que corresponde e a fonte cal sería.
ResponderEliminar