RACING DE FERROL



A idea da creación do Rácing xorde a finais do século XIX. A cidade que alberga o club, Ferrol, foi históricamente unha cidade enfocada na industria naval, e na que recalaron moitos estranxeiros.

Entre eses estranxeiros había ingleses, cuxa afección a este novidoso deporte influíu nos seus compañeiros de traballo, que varias décadas despois foron algúns dos impulsores do Rácing.

Xogadores e seareiros ferroláns decidiron crear un club forte que puidese competir cos equipos que entón destacaban, como o Fortuna (Antecesor do Celta), o Deportivo ou o Pontevedra. Constantino Teijo, Francisco Lorenzo, Alfonso Varela e José Freire iniciaron en 1917 as conversas para a unión entre o Giralda F.C. e o Jaime I F.C e crear o que hoxe é o segundo equipo galego en chegar aos 100 anos. O acordo definitivo chegou no mes de xullo de 1919 integrando ao Círculo Rojo ao proxecto e creándose así o Racing Ferrol Football Club.
O club, a pesar da súa lonxevidade, non foi capaz de acadar a Primeira División; porén, sí que estivo na categoría de prata durante 34 tempadas, conseguindo o seu mellor resultado no curso 1939/40 e convertíndose en subcampións desa liga. Cómpre facer fincapé nesa tempada, que aínda hoxe se considera a mellor da súa historia.

Por escasa marxe de goles, será o CD Coruña quen promocione a Primeira División tras deixar ao Rácing na segunda posición. Porén, o feito clave do ano es la disputa da Final da Copa de España fronte ao Sevilla FC, que deu en gañar por 6-2. O conxunto departamental estivo representado por: Alberty, Caliche, Moreno, Bartolí, Silvosa, Bastarrechea, Lelé, Gallart, Barón, Edelmiro e Portugués; sendo adestrador Pepe Planas.

Algúns xogadores históricos foron Marcelino, que anotou o gol da vitoria da Selección Española na final da Copa de Europa de 1966 ante a URSS; Manuel Rivera, Pancho García, Manel, Camilo Casal, Portugués... 
A día de hoxe, o Rácing xoga na división de Bronce de España, a Segunda B, concretamente no grupo I.


Comentarios

  1. o segundo equipo galego en chegar aos 100 anos, quen é o outro, poderíase dicir. Que é a categoría de prata. Cando o Deportivo pasou a primeira? En que ano estivo na final da copa? Seguro que celebraron o centenario, e como o festexaron?. As fotos requiren identificación e fonte.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A TELEVISIÓN EN GALICIA

FONTES ACTIVIDADE 2

ISLAM