O ASASINATO DO LÍDER DA REVOLUCIÓN BÁVARA, KURT EISNER; O PRIMEIRO PASO DO NAZISMO
Retrato de Kurt Eisner
A Primeira Guerra Mundial foi un
auténtico mazazo para a poboación xermana. Alemaña pasou de ser unha das nacións
máis poderosas do mundo baixo o Segundo Reich do Káiser Guillermo II, a
convertirse nun país pobre afectado polos millóns de baixas a causa mencionado
conflito bélico, e donde a sociedade sufría de fame, así como polas
enfermidades e a depresión económica.
A xente xa empezou a manifestarse
pola situación precaria existinte cara a
fináis da contenda, especialmente na cidade de Munich, donde na tarde do
7 de novembro de 1918, unha multitude congregouse na praza de Theresienwiese
aproveitando o primeiro aniversario da
Revolución Rusa.
As protestas, pacificas aínda que
con tintes de revolución, contaron coa adhesión inmediata de excombatintes y
coletivos de traballadores. Ocupados algúns edificios administrativos
estratéxicos, Kurt Eisner foi elixido o máximo representante polos partícipes na
revolta popular que se estaba levando a cabo.
Este, nado en Berlin en 1867 no
seno dunha familia xudía, era un xornalista e escritor que se instalara fai uns
anos en Munich, para traballar no xornal Münchener Post. Antigo militante do
Partido Socialdemocrata Aleman (SPD), no tramo final da guerra convertiuse no
referente bávaro do chamado Partido Socialdemocrata Independente de Alemania
(USPD), unha escisión do ala más progresista do SPD que se opoñera ás políticas
levadas a cabo pola forza política no devenir da “Gran Guerra”.
A mesma noite do 7 de novembro,
Kurt Eisner proclamaría finalmente a República trala abdicación do monarca Luis
III, poñendo punto e final a 738 anos de Goberno da familia Wittelsbach.
“Die Dynastie Wittelsbach ist abgesetzt! Bayern
ist fortan ein Freistaat!” (“¡A dinastía Wittelsbach foi deposta!
Baviera é en adiante un Estado Libre”). Nistos térmos tivo lugar a proclamación,
dando paso a un Goberno republicano provisional presidido polo mesmo Eisner e
no que tiveron cabida algúns dos seus riváis (sempre dentro da esquerda
republicana), como Erhard Auer (SPD, Ministro do Interior) ou Johannes Hoffmann
(SPD).
Desde o primeiro
momento, o Goberno de Kurt Eisner atopouse con grandes problemas, posto que non
atopou apoio entre os poderes facticos e os estratos conservadores da sociedade.
Todo o contrario. Curiosamente. Eisner tampouco hallou apoios na esquerda.
Os comunistas o
veian como unha figura excesivamente aburguesada, mentras que para o SPD Eisner
era un mero soñador. Polo tanto,
este viuse obrigado a convocar
eleccións para o 12 de xaneiro de 1919.
Kurt Eisner sufriu
unha derrota estrepitosa nas urnas. O seu partido únicamente cosechou un 2,5 %
dos votos e tres escanos, frente ao 35 % do conservador Bayerische Volspartei
(antecesor da CSU), a formación política máis votada.
Na mañá do 21 de
febreiro de 1919, día da constitución das novas cortes Kurt Eisner, dirixiuse
cara o Parlamento.
Sorpresivamente,
foi abordado polo mozo austríaco Anton Graf von Arco auf Valley, antigo combatinte
da I Guerra Mundial y simpatizante da denominada Sociedade Thule, un circulo de
extremistas de dereitas e racista, que posteriormente serviría de embrión para
o Partido Nazi.
Dous disparos
atestou Arco ao presidente bávaro, que caeu morto ao instante en plena rúa e ao
que non lle deu tempo material para presentarlle ao Parlamento a súa renuncia, a
cal portaba entre os seus documentos aquela mañá.
Unhas horas máis
tarde. produciuse un segundo atentado contra Erhard Auer, sucesor natural de
Eisner, porque se lle creía o autor do asasinato do líder bávaro. Isto
desencadeou unha situación de maior inestabilidade y radicalización.
O 17 de marzo, o
parlamento encargou ao moderado Johannes Hoffmann, a formación dun novo
Goberno. Un Executivo incapaz de lidiar coa crecente radicalización dos grupos
de esquerda, e que se viu obrigado
finalmente a abandoar a inseguridade muniquesa para refuxiarse en Bamberg.
Para o 7 de Abril,
a situación era insostenible, e un grupo de literatos y anarquistas do USPD
tomaron finalmente o mando do Goberno, proclamando a Räterrepublik ou República
dos Consellos de Baviera. Este primer mandato moderado foi efímero, pois unha
semana máis tarde faccións de tendencia comunista asumiron as rendas dun
Executivo máis radical.
Alarmado pola
situación de Baviera, o Goberno de Berlín tomou cartas no asunto e enviou miles de soldados a
sofocar a revolución, axudados polos denominados Freikorps, grupos nacionalistas
e anticomunistas locáis que se sumaron á causa. Finalmente o 3 de maio diuse
por sofocada a revolta comunista e puxose fin á Räterrepublik.
A partir de aí, o
caos: nos meses seguintes os lideres do USPD e das faccións comunistas (entre
os que se atopaba Rosa Luxemburgo), foron executados. Calcúlase que houberon
máis de 1000 mortos nas rúas de Munich. A partir deste acontecemento, naceu o Deutsche
Arbeiterpartei (DAP), que en poucos meses mutaría no Nationalsozialistische Deutsche
Arbeiterpartei (NSDAP), o Partido Nazi. O que viño logo, é de sobra coñecido.
Un relato é un todo continuum, non unha sucesión de parágrafos dunha liña, dúas ou tres... Unha narración non son sumarios, é un conxunto de datos relacionados uns cos outros.
ResponderEliminar