MOVEMENTO DO 4 DE MAIO EN PEKÍN

As orixes do movemento do 4 de maio recaen en eventos sucedidos durante a Primeira Guerra Mundial. En 1914, China tomara o control sobre a Península de Shandong, anteriormente administrada por Alemaña -Shandong tiña especial importancia para a sociedade e cultura chinesa, sendo o lugar de nacemento de Confucio- Un ano despois, unha lista de 21 demandas foi proposta por Xapón, unha destas sendo o recoñecemento do control xaponés nas zonas chinesas previamente influenciadas por Alemaña, entre elas, Shandong. Xapón ameazou con usar a forza se as súas demandas non eran acatadas. China, no momento dirixida polo corrupto goberno Anfu, aceptou os humillantes termos de Xapón.


En 1917, China declaroulle a guerra a Alemaña e asistiu aos Aliados no conflito. Coa estrita condición de que, asumindo que os Aliados gañasen a terra, Shandong regresaría ao control chinés. Pero, a pesar do triunfo militar dos Aliados en 1918, os representantes de China tiveron que chegar a un acordo no Tratado de Versalles que seguía dando o poder sobre a provincia a administración xaponesa. Isto foi visto como unha derrota humillante entre os círculos diplomáticos chineses e no país en xeral.

O Problema de Shandong, era aínda máis humillante para China xa que foi revelada a existencia de artimañas acordadas entre Xapón e as maiores potencias Europeas, coa intención de persuadir aos xaponeses a unirse ao bando Aliado. Aínda máis, chegou ao pobo que a propia China tomara partido neste trato.

O pobo chinés estaba enfadado tanto pola transferencia do dereito sobre a Península de Shandong a Xapón, como do mal nome que a conferencia en Versalles lle estaba dando a China. O trato foi visto como unha traición, unha marca da falta de empatía de occidente cara China. O 4 de maio de 1919, sen ter conseguido ningún tipo de mellora nos términos do tratado, os enfurecidos estudantes universitarios decidiron realizar unha manifestación.

Cerca de tres mil estudantes, que viñan de 13 universidades distintas de Pekín, reuníronse na praza de Tianenmen, no centro da cidade. Protestaron en contra da conferencia de Versalles e repartiron panfletos. Estos panfletos tiñan fortes declaración e enfatizaban que os cidadáns de China non estaban dispostos a ver como Xapón tomaba os seus territorios.

Os estudantes marcharon cara a zona da cidade onde máis embaixadas estranxeiras estaban situadas. Alí, distribuíron cartas de protesta a un gran número de ministros de distintos países. Máis adiante esa tarde, foron a visitar a tres oficiais do cabinete chinés, que tiveran que ver na firma dos tratados secretos con Xapón. O ambiente tornou violento, co ministro de China sendo atacado e un ataque a casa dun ministro simpatizante de Xapón. Nese punto, a policía confrontou aos manifestantes, arrestando a 32 deles.

As noticias da manifestación –e, especialmente, dos arrestos- expandíronse a través do país. Moitos periódicos publicaron demandando que os estudantes foran liberados. Por exemplo, publicaron o manifesto que un estudante, Luo Jialun, escribiu sobre o Movemento do 4 de maio, con ideas como as seguintes: “[...]A pérdida de Shandong significa a destrucción da integridade do territorio chinés. Unha vez a integridad do seu territorio esté destruída, China será pronto aniquilada[...]”
Ademais, comenzaron manifestacións en líneas similares a aquela noutras cidades como Shanghai, Nanking, Tianjin e Guangzhou. Para xuño, folgas laborais foron organizadas e algunhas tendas comezaron a pechar, tensando máis a situación. Algúns residentes xaponeses foron atacados e bens xaponeses boicoteados.
Os disturbios continúan, ata que o goberno en Pekín accede a algunhas das demandas dos protestantes e acordan que os estudantes arrestados serán liberados. Os tres oficiais do cabinete tamén foron despedidos. De feito, o cabinete enteiro presentou a súa dimisión, e en Versalles, a delegación china declarou que non ía firmar o tratado de paz. As discusións sobre o Problema de Shandong continuaron durante tres anos máis, e foi soamente na Conferencia de Washington en 1922 que o problema foi finalmente zanxado e Xapón retirou a súa reclama territorial.
Aínda que existen protestas estudantís máis recentes, sendo a máis famosa a de 1989, o Movemento do 4 de maio foi o que introduciu novas ideas dentro da vida cultural de China. En particular, a idea anti-imperialista e patriótica. Pola falta de televisión e radio do momento, a palabra escrita foi a forma máis significativa de movilizar ás masas nestes momentos. Os artículos foron moitas veces escritos por intelectuales que volvían a China tras anos de estudar en Xapón.

Estes intelectuais tenderon a potenciar a revolución nas actitudes sociais chinesas, rompiendo cos valores tradicionais de respeto e fortes lazos familiares que representaran a China dende os tempos de Confucio. Ademais disto, a libre expresión foi moi fomentada entre os novos escritores, incluindo en áreas controversiais como a liberdade sexual.


Polo tanto, o Movemento do 4 de maio marcou unha ruptura decisiva co pasado, poñendo a China no punto de mira para comezar a transformación cara unha nación máis moderna, como se vería no século seguinte.

Comentarios

  1. Difícil lectura. Síntoo moito, pero non é lóxica a forma de presentar a información. Hai que coidar o esforzo que se fai para que sexa efectivo. Hai que valorar ese esforzo.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A TELEVISIÓN EN GALICIA

FONTES ACTIVIDADE 2

ISLAM