LORCA ESCRIBE "O MALEFICIO DA BOLBORETA", A SÚA PRIMEIRA OBRA TEATRAL


                         Elenco de O Maleficio da Bolboreta, en marzo de 1920.

O Maleficio da Bolboreta, escrita en 1919, é a primeira obra teatral de Federico García Lorca. Estrearase un ano despois no vangardista Teatro Eslava de Madrid, ao compás da música de Grieg e decorados cubistas, pero sen conseguir a aceptación dun público que aínda descoñecía ó que sería un dos escritores mais grandes en lingua española. En verbas do propio Lorca, a estrea foi “un fermoso pateo”. Tan so aguantou en cartel catro funcións e non apareceu editada ata 1954.
Pese a non conseguir captar a atención dos espectadores acostumados a outro tipo de obras, O Maleficio da Bolboreta xa presenta os resgos do seu teatro posterior. Vaticinaba o que sería o auxe de Lorca como escritor, o colme da súa prolífica carreira que os críticos non souberon ver no seu momento.
A través dun personaxe principal desconcertante, un híbrido entre vítima, heroe e bufón, Lorca introduce unha historia de frustración, de impotencia dos sentimentos, aspiracións, contradicións, buscando os valores persoais e dun mundo sen certidumbres. Unha bolboreta ferida cae nun niño de cucarachas, onde un poeta adolescente séntese atraído por ela. Pero este morre, quizais por desesperación ao non poder seguir o seu amor. A través desta trama, como xa fixera en escritos anteriores que non chegaron a estrearse, Lorca busca o enaltecemento do mundo natural insignificante. Leva a cabo unha dignificación de todos os personaxes aínda que non os retrate como seres belos. Aquí é onde atopamos as primeiras distancias co primeiro Lorca; a obra aínda ten trazos formais modernistas (léxico musica, anotacións preciosistas, miniaturas e detalles ínfimos), pero sen cinguirse ao canon: non busca a beleza de todos os personaxes. Atopámonos antes insectos humanizados, influenza das vangardas.
A partir desta comedia de insectos, Lorca procede a reivindicar o humilde, o feo, o que marxinamos. Acude ao tópico do amor imposible, tema que será recorrente nas súas obras posteriores.
Segundo Manuel Machado, é innecesaria a presentación a través de bichos feos e cucarachas, pero resalta os “belísimos versos” que compoñen a obra. Aínda agora, a crítica non lle da a importancia suficiente a esta creación por considerala de iniciación, cando nela Lorca deixa ver a súa máxima destreza como dramaturga e anticipa moitas características das obras que posteriormente lle darían a fama.
En resumo, necesitamos esta obra para comprender ó que é un dos maiores escritores do século XX, e non debemos subestimar a peza pese a ser unha obre de iniciación.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A TELEVISIÓN EN GALICIA

FONTES ACTIVIDADE 2

ISLAM