INDEPENDENCIA DO ESTADO AFGANO


Afanistán é un país situado en Asia Cantral que ten unha poboación de 31 millóns de habitantes.
A súa historia sempre estivo marcada polas guerras internas xa sexa por temas relixiosos, por sucesións
ou por temas relacionados coa liberdade, pero tamén por guerras externas.
O país veuse involucrado na primeira Guerra Mundial baixo o mando do bloco oriental. Os rusos
fixéronse co país tras varias guerras nun país dividido, os que querían participar na guerra do lado dos
soviéticos e os que non ansiaban involucrarse nunha guerra que non os beneficiaría.
A guerra tórnase cara o bloque occidental, e o gobernador afgano negocia cos británicos a súa
neutralidade no conflito a cambio de que lle concedan a independencia ao rematar a guerra. Ante a
negativa do Reino Unido e as tensións internas do país, o gobernador afgano é asasinado e sustituído polo
seu fillo.
O novo gobernador afgano revisa os tratados co Reino Unido, pero a negativa de conceder a
independencia segue vixente, é por isto que en maio de 1919 o gobernador afgano proclama a
independencia de Afganistán e da comezo a terceira guerra anglo-afgana. O Reino Unido estaba agotado
militarmente despois da Primeira Guerra Mundial, polo que tras dous meses de resistencia británica e de
duras negociacións, o Reino Unido recoñece a independencia de Afganistán. O recoñecemento formal de
Afganistán como nación independente por parte do Reino Unido, concretouse no novo Tratado de
Rawalpindi, asinado o 8 de agosto de 1919. O día celebrouse ata 1992 cando os muyahidins respaldados
polos Estados Unidos derrocaron ó réxime. Foi instaurado de novo en 1996 polos talibáns.
Este feito é importante polo que significou para un país que levaba anos baixo diferentes dominios pero
nunca cun poder propio. Foi o primeiro paso cara a liberación do pobo afgano.
Pero tamén é importante porque a día de hoxe o día non pode seguir celebrándose con naturalidade pola
guerra santa .Tanto é así que este ano 2019 no que se conmemoraba o 100 aniversario os talibáns
masacraron a civiles e tivo que atrasarse a celebración nun país que non está para celebrar nada. Por isto é
necesario recordar a situación do país, e que pese a que pasaron 100 anos a situación non foi a mellor,
senón todo o contrario, vese involucrado nunha guerra santa encabezada polo talibáns. Os talibáns
alegaban isto este 2019, "con la bendición de esta guerra santa, está cada vez más cerca el día en que
abandonarán completamente nuestro país los invasores (estadounidenses), igual que lo hicieron antes los
británicos y los soviéticos". Recordar que se cumple o 100 aniversario de algo que a día de hoxe debería
existir pero non existe.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A TELEVISIÓN EN GALICIA

FONTES ACTIVIDADE 2

ISLAM