INAUGURACIÓN DO METRO DE MADRID

Cúmprese o centenario da inauguración da primeira liña do tren metropolitano en Madrid,
que deu en chamarse “Metro”. Esta primeira liña era a “Norte-Sur”, que abarcaba unha distancia
de 3 quilómetros e medio e pasaba por oito estacións no seu traxecto: Cuatro Caminos,
Ríos Rosas, Martínez Campos, Chamberí, Glorieta de Bilbao, Hospicio, Red de San Luis e
Puerta del Sol. Dous anos despois, esta mesma liña sería ampliada até a estación de Atocha.


Poñamos en contexto esta revolucionaria infraestrutura: A comezos da década de 1910 o
Goberno da capital decide acometer a creación dunha rede de transporte de mercadorías
que constaría de cinco liñas en total, pero a dificultade para a súa realización sumada a
impacto económico que tería, foi finalmente desestimada. No seu lugar, e co beneplácito do
monarca Afonso XIII, o consistorio de Madrid opta por crear unha liña de tren subterráneo.



O día 17 de outubro de 1919 o rei Afonso XIII acude á inauguración e primeiro do
Metropolitano, nome que se lle deu en principio, pero que cos anos foi evolucionando
e acurtándose a Metro. O Metro non se abriu ese mesmo día, non foi ata dous semanas
despois que se abriu ao público, cun horario de 6:20 da mañá ata pasadas as 2:00 da
madrugada. Os trens pasaban cunha frecuencia de 6 minutos e o prezo dos billetes se
situaba entre 10 e 15 céntimos de peseta. 


Nestos 100 anos de historia de Metro en Madrid houbo diferentes cambios, pero os mais
notorios foron as melloras nos trens e nas comunicacións, pois foron engadidas dúas liñas
máis e as estacións ascenderon a 38. A día de hoxe, o Metro de Madrid cubre case 30km
na propia capital e diferentes pobos e cidades do extrarradio. 

Comentarios

  1. En ABC publicouse unha información onde nun momento se pode ver debuxado a liña de 1919: https://www.abc.es/espana/madrid/abci-cien-curiosidades-debes-conocer-centenario-metro-madrid-201901110056_noticia.html.. Despois de dous puntos, minúsculas. É a segunda rede máis extensa na UE despois da londinense (1863) e é a novena do mundo ( 294 kilómetros):
    https://www.metromadrid.es/es/noticia/cien-anios-de-metro-en-12-capitulos . É unha idea interesante, pero hai que filtrar o importante do acontecemento e buscar recursos que o signifiquen e que daba xogo para facer unha semblanza curiosa.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A TELEVISIÓN EN GALICIA

FONTES ACTIVIDADE 2

ISLAM