ESTALA A GUERRA POLACO-SOVIÉTICA

Sucedeu entre febreiro de 1919 e marzo de 1921. A guerra produciuse debido a que a Segunda República de Polonia, liderada por Józef Piłsudski, quería recuperar os territorios perdidos no século XVIII mentres que os soviéticos pretendían recuperar territorios do Imperio Ruso, anterior á Primeira Guerra Mundial. As fronteiras de ambos países non quedaran claramente pactadas no Tratado de Versalles, o que desatou o conflito armado.


Resultado de imagen de guerra polonia urss 1919
Os soviéticos, tras gañar a Guerra Civil Rusa, avanzaban cara ao leste, cara Ucraína, mentres os polacos ían en sentido contrario cara o mesmo lugar. Tras o encontro de ambos exércitos, os soviéticos empurraron aos polacos de volta a casa ata chegar a Varsovia. Despois, os soviéticos temían un novo avance polaco cara o leste, polo que pediron a paz, que se firmou no Tratado de Riga; nel repartíronse os territorios en disputa entre ambos bandos.
Esta guerra determinou o curso da historia do continente europeo durante os seguintes 20 anos; os soviéticos abandonaron o seu obxectivo revolucionario internacional. Non só Polonia, senón tamén Europa central, gañara unha certa independencia gracias ao acontecido tras este enfrontamento. Logo destes 20 anos de “descanso” estalaría a Segunda Guerra Mundial.

Comentarios

  1. Polonia era independente? Remata co tratado Riga (1920), habería que indicalo. Cales foron as consecuencias da contienda? Que pasaba con Ucrania? Quen gobernaba na URSS, que aínda non era tal. Non queda clara a exposición.
    A foto a que corresponde e a fonte cal sería.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A TELEVISIÓN EN GALICIA

FONTES ACTIVIDADE 2

ISLAM