CONSTITUCIÓN DE WEIMAR
A promulgación da Constitución de Weimar cumpre
100 anos. Foi no verán de 1919 na chamada República
de Weimar, cando esta carta magna conseguía
erguerse. Unha constitución que marcou un antes e un
despois, pois foi ata aquel momento das primeiras en
ser verdadeiramente democrática na historia da
Alemaña e de recoñecer bastantes dereitos sociais.
Esta constitución nacía nun momento difícil, por unha
banda Alemaña acababa de saír derrotada da Primeira
Guerra Mundial. Pola outra, na Rusia zarista estoupara
a Revolución Soviética, un feito que puxo en vilo aos
principais partidos e gobernos moderados do momento, temerosos
da radicalización de Europa.
A Asemblea Nacional Constituínte designou aos
encargados de elaborar a constitución, este grupo foi alcumado como a coalición de Weimar. Estaba formado polos tres principais partidos moderados do país, o SDP, o Zentrum Católico e o DPP. Todos eles moi diferentes entre si, pero cunha idea conxunta de democratizar o país canto antes e promulgar unha necesaria constitución.
Esta coalición de partidos sumaba unha maioría, e acordaron deixar en mans do
demócrata Hugo Preuss a elaboración dun anteproxecto de constitución.
A carta magna finalmente sería aprobada o 31 de Xullo e 10 días despois entraría en
vigor. Estaba conformada por 181 artigos, entre os que se definía a Alemaña coma
unha República Federal conformada por dúas cámaras lexislativas, o Reichstag electo
por sufraxio universal e o Reichsrat conformado por representantes dos diferentes
Länders (estados federais).
Esta constitución outorgaba un poder importante ao Presidente do Reich, algo que
curiosamente seria o que levaría en 1934 a ser a Adolf Hitler o Führer, sen conseguir en
ningún momento unha maioría nas urnas. Este ano sería o último da constitución de
Weimar e da República, que perecía coa chegada dos nazis ao goberno despois de case
dúas décadas de fortes crises económicas e reparacións de guerra. Pero que amosou
ao mundo un novo constitucionalísimo social que poñería as bases para o que agora
coñecemos como o estado de benestar.
A día de hoxe Alemaña e moitas das súas institucións xa celebraron algúns actos
conmemorativos do centenario do que foi para o país xermánico a constitución da súa
primeira democracia parlamentaria, e o reflexo de moitas outras ao longo do mundo.C

Meses, minúscula. Parece que foi unha constitución que formulaba aspectos moi avanzados que foron incluso copiados por outros países. Si que é importante a relevancia ou efectos posteriores dos acontecementos. Hai que situar no contexto e ver os efectos posteriores.
ResponderEliminar