CENTENARIO DO VALENCIA CF

O Valencia CF, un dos equipos máis históricos de España, está no seu centenario. Era un 18 de Marzo de 1919 cando un grupo de homes reuníase no céntrico bar Torino da cidade valenciana. A todos eles uníalles a idea de fundar un club que representara a todos os valenciáns, aínda máis se cabe despois de que o Deportivo Español de Valencia desaparecera semanas antes.

A fundación fíxose efectiva e durante os primeiros catro anos, o Valencia CF xogaría no campo de Algirós, no cal conseguiría a seu primeiro campionato rexional que lle outorgou o dereito de participar na súa primeira Copa do Rei.

Anos despois, en 1923, a boa xeira do Valencia vai en aumento e con elo a afección polo Valencia CF medra, inaugurándose o que aínda hoxe é o estadio de Mestalla. Un estadio que non tardaría moito en ver ao seu equipo ascender á primeira categoría do fútbol español, pois en 1931 logo de varios títulos rexionais e do paso pola Segunda División, o Valencia CF conseguía o ascenso. A partir de entón pasaría a converterse nun dos principais equipos do levante peninsular, pasando a xogar finais de Copa como a de 1934 contra o Madrid CF.

Os tempos eran bos, pero co comezo da Guerra Civil o fútbol en España estancouse notablemente e o estadio de Mestalla foi un dos máis afectados. Malia todo isto, ó fin da guerra Luís Casanova facíase coa dirección do club valencianista. Un feito chave na historia do Valencia, pois con el ao mando, o equipo che gañaría ata 7 títulos e 7 subcampionatos nos seus 20 anos de mandato. Chegando así á década dos 60 onde o bo facer do Valencia levouno a disputar as súas primeiras competicións europeas.

Co paso dos anos o club valencianista foi collendo peso dentro do fútbol español, ata converterse no que hoxe é o cuarto clasificado histórico da Liga con 85 tempadas na máxima categoría. A última época dourada foi non fai moito, ao inicio do século XX, cando o Valencia de Rafa Benítez conseguía dous novos campionatos de Liga e unha supercopa de Europa no 2004. Feitos que fan ao Valencia o quinto equipo español co palmarés máis grande. 16 títulos nacionais e 7 europeos, que suman un total de 23 títulos ao longo dos seus 100 anos de historia.

Un período de tempo moi extenso polo que pasaron grandes estrelas mundiais da talla de Edmundo Suárez, Pep Claramunt, Mario Alberto Kempes, Romario, Cañizares, David Villa, Rodrigo, etc. E outros grandes adestradores coma Di Stéfano, Rafa Benítez ou Ranieri entre outros. En definitiva, non só se trata do aniversario dun club, senón do centenario dun dos pilares que axudou a asentar as bases do fútbol español de hoxe en día.

Comentarios

  1. Meses, minúscula. Cando foi campeón, cando participou na copa do Rei. Cando se inaugura o Mestalla. Seguramente celebraron o centenario. Seguramente hai cousas que apuntar sobre o que fixo o equipo e a importancia que ten. As efemérides eran para contar quen/que, como, cando, onde e influencias ou significado para a posteridade.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A TELEVISIÓN EN GALICIA

FONTES ACTIVIDADE 2

ISLAM