CENTENARIO DA MORTE DE RENOIR
Pierre-Auguste Renoir é un pintor que nace en 1841 e falece en 1919, é dicir, que a maior parte da súa vida artística encádrase na segunda metade do S. XIX.
A nivel social, a segunda metade do século XIX segue en grande parte o camiño aberto polo periodo anterior: as revolucións liberais que remataran co absolutismo, a continua evolución do movemento obreiro, coas principias liñas: anarquismo, marxismo, etc.
A nivel económico, dende a metade do século predomina o textil e a siderurxia, e prodúcese unha Segunda Revolución Industrial. Esta estivo caracterizada polos medios de transporte e posteriormente de comunicación, que facilitaron a globalización.
Continúase tamén dando o imperialismo e aparecen máis fortes os nacionalismos, sobre todo coa proclamación do reino de Italia e do II Reich Alemán.
Como se pode ver, esta metade é unha continuación dos feitos históricos da anterior, pero isto non sucede así na arte, se non que nesta aparecen dúas tendencias novas, e unha delas, rompe por completo os esquemas artísticos das anteriores etapas.
Por unha parte nace o Realismo, que pretende mostrar nos seus cadros de forma fiel a realidade, o que estaba a acontecer, moitas veces poñéndose no papel dos desfavorecidos. Esta é unha tendencia moito máis conservadora a nivel técnico, polo que é a máis aceptada entre os Salóns Oficiais de arte e a que se permitía ensinar nas academias.
Por outra parte, nesta metade de século, aparece outra tendencia, o Impresionismo. O Impresionismo é un gran cambio a nivel técnico, xa que baséase en pintar a luz e como esta reflexa nas formas, e non as formas como tal. Un arte moito máis novedoso, que promove a ruptura coa tradición artística e, polo tanto, que é rexeitado nos Salóns e Academias. Este sería o arte que levaría posteriormente as rupturas totais no seguinte século, coas vangardas. Unha das figuras máis destacadas dentro de esta tendencia sería Pierre-Auguste Renoir.
Renoir viviu os seus primeiros anos en barrios proletarios onde comenzou traballando en talleres. Nun destes talleres foi onde coñeceu a Monet, Bazille e Sisley, outros artistas cos que comezaría a compartir as súas inquietudes máis rompedoras.
Os seus primeiros intereses como pintor inclinaríanse pola escola de Barbizon e pola pintura ao aire libre. En 1873, Renoir por primeira vez ve unha das súas obras excluída do Salón oficial, véndose obrigado a expoñela no Salón dos Rexeitados.
En 1874 un galerista decide crear unha exposición nos estudos de Nadar, e para isto chama a moitos dos artistas do Salón dos Rexeitados, entre eles a Renoir. O termo impresionismo nace xusto nesta exposición, da man do maior exponente da tendencia impresionista, Monet.
Monet creara unha obra basada nas vistas dende o porto de Le Havre, e o termo nace cando lle preguntan cal é o nome da obra, para poñelo no catálogo da exposición. Monet revelou máis adiante: «Pedíronme o título para o catálogo, e a verdade e que aquilo non podía pasar por unha vista de Le Havre, así que contestei: Pon Impresión! De aí pasouse a Impresionismo e extendéronse as bromas»
Pese que Monet fose quen creou o termo, o que realmente fixo que calara no público foi un crítico en específico, Louis Leroy, traballador da revista Le Charivari. Este escribiu un artículo mofándose e humillando aos artistas desta exposición e as súas obras. Nel di, sobre o cadro de Monet (Impresión. Sol Nacente.): "Qué representa esa pintura? Mire o catálogo. Impresión! Impresión, xa sabía eu. Xa dicía eu que estaba impresionado, algunha impresión debía haber. […]Un papel pintado está mellor traballado que esta paisaxe marítima.”
Tras moitos años de traballar cos impresionistas, Renoir acabaría por alexarse do grupo e intenta buscar o éxito e a aceptación dos salones oficiais. O que diferencia a Renoir do resto dos impresionistas e que el usa o impresionismo na súa versión máis estética. Busca captar a belleza, pintar a alegría da vida, e sempre tendendo cara a natureza e non o mundo moderno e industrializado.
En conclusión, a importancia de Renoir e o motivo polo cal celebramos este 2 de decembro o centenario da súa morte, é que este pintor foi un dos protagonistas da tendencia que comezou a formar a arte tal e como a coñecémos agora. Que comezou a romper coa tradición pese as críticas e mofas que recibiu do público. Grazas a artistas como el abrironse os horizontes, e permitiuse que os distintos creadores puidesen ter distintas formas de crear.

Por que a presentación ten scroll horizontal. Por que hai parágrafos que aparecen con fondo branco? Complicada a lectura. Hai que prestar atención e coidar a forma de acceso ao contido. Non sei si queda claro que fixo Renoir, como o fixo e cal son as súas influencias. Non hai mención de un cadro. Algúns deles importantes para o estudo da historia da arte, da pintura. Está ben o contexto, pero dos seus últimos anos e como influíron no seu traballo. Pouco sobre o que aportou Renoir.
ResponderEliminar