CEN ANOS DO NACEMENTO DE SALINGER, UN DOS ESCRITORES MAIS INFLUENTES DA LITERATURA MODERNA AMERICANA
Unha das poucas
fotos que se conservan de Salinger, nos anos 50.
J. D. Salinger representa á perfección o
tópico do artista atormentado, cría que a soidade era a orixe da súa
creatividade. Pero a imaxe de escritor enigmático, lonxe de apartalo da vida
pública, consegue que fora buscado e perseguido. Este ano celebramos o
centenario do nacemento dun dos escritores máis influentes da literatura
moderna americana.
O 1 de xaneiro de 1919 nace na súa casa de
Manhattan (Nova York) Jerome David Salinger. Vive unha infancia privilexiada,
no seo dunha familia acomodada. Xa con afección polo mundo das letras dende
mozo, escribe o seu primeiro relato The Young Folks en 1940, na revista
literaria Story. Pero é no 1939 cando a vida do escritor da un xiro
total; co estalido da Segunda Guerra Mundial, Salinger alístase ó exército con
apenas 25 anos e chega a participar no desembarco de Normandía. A experiencia
vivía na guerra foi horrible, toda a súa vida vivira entre algodóns e cría que
a guerra ía ser unha aventura, algo romántico. “Preguntábase se tal vez lle
faltaba a dor necesaria para converterse en escritor. Quería que a guerra o
curtise, que o fixera máis profundo como persoa e como escritor”, escribe Shane
Salerno na biografía do autor norteamericano “Salinger” que publicou
xunto a David Shields.
É nesta época, con todas as secuelas da
guerra presentes, cando comeza a escribir a súa obra colmen: O gardián entre
o centeo. É unha historia sobre a perda da inocencia e a chegada á idade
adulta. O enfrontamento entre o mundo dos mozos e o dos adultos que reflexa o
desexo universal de non crecer. Mediante a introspección, humor, e o absurdo,
conta a historia de Holden Caufield, un adolescente que narra as súas aventuras
en Nova York tras ser expulsado do seu colexio. Nunca fora tan pequena a liña
que separa a inocencia da dexeneración. Salinger mostra na novela o seu grande
talento como prosista e para a elaboración de personaxes, nunha obra que se
convertería nun clásico na literatura de iniciación. Hoxe, o libro xenera
vendas de 250.000 exemplares ó ano, 60 millóns vendidos en total.
Tiña 32 anos e acababa de converterse nunha
lenda grazas a ese título, que na década dos 80 estivo ligado a varios sucesos
violentos; o home que intento asasinar a Reagan en 1981, John Hinckley, estaba
obsesionado con el, e David Chapman deixou o libro como declaración tras o
asasinato de John Lennon.
Despois deste éxito, fuxe do ruído mediático e de calquera distracción,
abandonando Nova York e instalándose na súa granxa de Cornish (Novo Hampshire),
onde viviría os últimos corenta anos da súa vida. Non quería fotografías nin
xornalistas preto, tampouco lle interesaba a promoción das súas obras. Tamén
quixo que as editoriais quitaran a súa foto dos libros.
Estaba a cumprir o soño de
Holden Caulfield: "gustaríame atopar unha cabana nalgún sitio e co diñeiro
que gañe instalarme alí o resto da miña vida, lonxe de calquera conversación
estúpida coa xente".
Aínda que despois do seu
retiro viron a luz tres obras máis — Franny e Zooey (1961); Levantade,
carpinteiros, a viga do tellado e Seymour: unha introdución (1963).
“Gústame escribir. Amo escribir, pero escribo só para min mesmo e para o meu pracer”,
declarou nunha das poucas entrevistas que en 1974 concedeu ao New York Times.
En resumo, a figura de
Salinger é crucial para entender a literatura americana posterior. Influenciado
no seu estilo por figuras como Kafka, Scott Fitzgerald ou Hemingway (co que
coincidiu na guerra) , Salinger posicionase como unha influencia directa para
os autores posteriores. As súas obras
non son só cruciais para aqueles que se inician na lectura.

Cita de Shane Salerno, incorrecta ao igual que a de The New York Times. El guardián... (año). Tamén unha elección interesante. Pero por que a súa influencia ou a súa relevancia.
ResponderEliminarPor que o texto aparece cun fondo branco?
A foto fáltalle a fonte.
É curioso que Guns N' Roses ten unha canción co título de el guardián en el centeno.
ResponderEliminar