BABE RUTH AOS YANKEES : O TRASPASO QUE CAMBIOU UN DEPORTE PARA SEMPRE



O 26 de Decembro cumprirase o centenario da venda de George Herman Ruth,
coñecido universalmente coma Babe Ruth, aos Yankees de Nova Iork por parte dos medias
vermellas (Red Sox). O traspaso do xogador ocasionaría un gran cambio para as fortunas
de ambos equipos, Ruth e do propio bésibol. Pero, quén era Babe Ruth? por qué foi vendido
ós Yankees? Qué significou a transacción para tódalas partes implicadas?
Cómo de importante foi o traspaso para o futuro do béisbol?


Comecemos falando dos anos previos ó traspaso. Os Red Sox ficharon a Ruth en 1914,
debutando coma pitcher o 11 de Xullo fronte aos Naps de Cleveland. Ruth pronto
converteríase nun dos mejores pitchers do deporte, gañando ás Series mundiales en 1915,
16 e 18, destacando Ruth pola súa capacidade ó batear, algo raro para un pitcher tanto na
época de Ruth coma na actual, logrando un total de 20 home runs, 50 RBI, e un promedio
de bateo do .304 (30,4%) entre 1914 e 18, e mellorando estes datos en 1919 con 29 home
runs, 113 RBI, e un promedio de bateo del .322 á vez que iniciaba unha transición a ser un
outfielder, sendo o único xogador ata o xaponés Shohei Ohtani en lanzar durante 50 entradas
á vez que lograr 15 home runs, facendo todo isto de Ruth un dos xogadores clave de toda a
MLB.


Porén, pese ós éxitos deportivos Harry Freeze, propietario dos Red Sox, sufría de graves
problemas económicos, polo que comezou a vender ás xóvenes promesas do equipo, xusto
cando Ruth demandaba un aumento do seu salario, reclamando un salario de entre 7000 e
15000 dólares ó ano (un gran soldo para a época). Tras unhas duras negociacións, Ruth  e
Freeze acordaron un contrato de 3 anos que lle pagaría a Ruth 10.000 dólares anuais
(148.415,61 dólares en diñeiro de 2019). Sen embargo, unha mala temporada dos Red Sox en
1919 así coma a impresionante tempada de Ruth no ámbito ofensivo reanudaría a disputa
contractual. Freeze non era capaz monetariamente de aumentar de novo oalmente seu soldo,
polo que o 26 de Decembro de 1919 vendeu a Ruth ós Yankees a cambio de 125.000 dólares
(1.855.195,09 dólares en 2019) que serían pagados o 1 de Novembro de 1920, una suma
récord para a época pero igualmente demasiado baixa para un xogador da categoría de Ruth.
Freeze culpou a Ruth declarando aos medios que se ben era un ìdolo na cidade, “últimamente
ese ídolo caiu fronte á opinión pública debido á maneira na que decidiu non respetar ben o
estipulado no seu contrato nen a súa palabra (1920 p.4)”.

Ruth xogaría nos Yankees ata 1934, gañando un total de catro series mundiales, o premio MVP
da Liga Americana de 1923, dúas selecciones aos dous primeros partidos das estrelas da
historia do béisbol en 1933 e 34 e unhas estadísticas totales de 659 home runs, 1978 RBI,
un promedio de bateo de .349 e 110 bases robadas que o converten aos ollos de moitos
expertos no mellor xogador da historia do béisbol.

Así mesmo, as fortunas de Yankees e Red Sox cambiaron radicalmente debido á transacción,
xa que mentres os Yankees convertéronse dende ese momento ata a actualidade en realeza
do deporte cun total de 27 Series Mundiais (máis ca ningún outro equipo por unha longa marxe)
e os récords de máis xogadores all star e máis xogadores no salón da fama do béisbol
(incluido o primeiro elexido unánime, Mariano Rivera), os Red Sox terían un duro Século XX,
estando sen gañar unha Serie Mundial ata 2004. A rivalidade entre ambos equipos é unha das
máis destacadas de todo o deporte mundial. E comezou aquel día 26 de Decembro de 1919,
cando Boston vendeu a Babe Ruth ós Yankees.

Comentarios

Publicacións populares deste blog

A TELEVISIÓN EN GALICIA

FONTES ACTIVIDADE 2

ISLAM