ASASINADO, PERO NON DE RODILLAS


Entre 1876 e 1911, México estivo gobernado durante a práctica totalidade do tempo por Porfirio Díaz, época coñecida como Porfiriato, na que os indíxenas sufriron unha grave crise; privados da propiedade das terras e sen ningunha capacidade para participar das decisións políticas do seu país. No 1910 comezou unha revolución popular no país, seguindo o exemplo de tantos outros países de latinoamérica. O líder deste levantamento popular foi Francisco Madero, pero cando o movemento chegou aos sectores máis empobrecidos de México, apareceron as figuras de “Pancho” Villa e Emiliano Zapata, cunha posición máis radical. Cando a revolución triunfou e Díaz foi derrocado, Madero ocupou a presidencia. Aínda así, Zapata posicionouse tamén contra este novo goberno, propoñendo implantar unha reforma agraria coñecida como Plan de Ayala. Continuou practicando tácticas de guerrilla contra os seguites gobernos do país, tanto dictatoriais (Victoriano Huerta) como democráticos (Venustiano Carranza).

Natural de Anenecuilco, México; Zapata é un dos líderes revolucionarios máis recoñecidos e admirados da historia. Non se coñece a data exacta do seu nacemento, pero a máis aceptada polos historiadores é o 8 de agosto de 1879. O segundo máis pequeno de 10 irmáns, tivo que traballar aínda sendo un neno e non tivo una educación formal, quedando orfo aos 13 anos. Tamén morreron 6 dos seus irmáns, quedando só el e seu irmán maior Eufemio a cargo de dúas das súas irmás pequenas, María de Jesús y María de la Luz; herdando só unha pequena parcela de terra e gando. Pasou o resto da súa adolescencia traballando no sector agrario, e con 17 anos tivo un enfrentamento coa autoridade e tivo que fuxir de Anenecuilco. 

Pese a ser chamado a filas e servir no exército durante un tempo, Zapata gañou recoñecemento no estado de Morelos polo seu carisma e a súa fama como o mellor domador de cabalos da zona, e foi elixido presidente do concello en 1909. Durante o tempo que ocupou o cargo, defendeu as terras dos campesiños e nativos da comarca, que perigaban polas reformas das leis de propiedade da terra que estaba promulgando o goberno de Porfirio, e que foron unha das causas da Revolución que estalou en 1910, xunto co feito de que as eleccións dese ano eran unha farsa que serviría para que Díaz seguise presidindo o país. Zapata foi un dos líderes da revolución, facendo fincapé no lema de “a terra para quen a traballe”.
Pese ao triunfo da revolución, Zapata estivo enfrentado tamén contra os gobernos que chegaron despois.

Finalmente, Emiliano Zapata morreu en 1919, nunha emboscada en Morelos organizada por un axente de Carranza. A tenacidade de Zapata á hora de seguir liderando a resistencia ininterrumpidamente ante todos os Gobernos fixo que o Presidente ordenara o seu asasinato. “”Prefiero morir de pie que vivir arrodillado”, célebre frase do revolucionario, converteuse en profecía cando morreu acribillado polos que el consideraba compañeiros.

Comentarios

  1. Que outras revolucións en Latinoamérica?
    Seguro que a frase Prefiero morir de pie que vivir arrodillado, é de Zapata?

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A TELEVISIÓN EN GALICIA

FONTES ACTIVIDADE 2

ISLAM