A MASACRE DE AMRITSAR; UN ANTES E DESPÓIS NAS RELACIÓNS BRITANO-INDÚES

Resultado de imagen de Masacre de Amritsar

Representación da Masacre

Á fin da Primeira Guerra Mundial, por motivo das tensións políticas derivadas da negativa británica a conceder autonomía á India trala participación de miles dos seus soldados no exército do Reino Unido durante dito conflito bélico, reactiváronse os movementos independentistas no territorio indú.

Polo tanto, o Goberno británico promulgou o Decreto Rowlatt, co cal prolongou o réxime de excepción existinte na India desde inicios da Gran Guerra, coa finalidade de combatir as presuntas actividades subversivas existintes na zona, prohibindo reunións de máis de cinco indúes en simultáneo.

O 13 de abril de 1919, un gran número de persoas de diversos credos (sijes, induístas e  musulmáns) reuníronse no xardín de Jallianwala (ou Jallianwala Bagh) da cidade de Amritsar ( situada ao norte da India), para pechar o festival de Vaisakhi (Ano Novo) ás 16 horas. Este era un gran espazo púbico, de forma rectangular e que contaba cunha única entrada.

Ao coñecerse a congregación duns varios miles de persoas no mencionado recinto botánico, o brigadier británico Reginald Dyer acudiu ao lugar hora e media despóis con 90 soldados.

Unha vez alí, Dyer sen previo aviso á multitude, ordeou ás súas tropas disparar sobre a masa de civís. Durante dez minutos gastaron 1650 balas mentras a muchedumbre inerme intentaba abandoar o recinto. Mataron a 380 persoas e feriron a outras 1200.

O Executivo inglés emitiu un comunicado donde afirmaba que a matanza fora en defensa propia tras ser atacados os soldados por manifestantes enfurecidos trala prolongación do rexime de excepción.

Nos reportes posteriores, Dyer afirmou disparar sobre un potencial exército rebelde e xustificou  o xenocidio amparándose na lei que non permitía que máis de 5 indúes se congregaran nun mesmo lugar.

Cando a noticia chegou ó Reino Unido, o Goberno do polo entonces Primeiro Ministro Lloyd George, tratou de evitar unha mayor difusión dos feitos ao considerarse un verdadeiro escándalo o sucedido na India. Porén, non se consiguiu impedir o choque de opinións entre a poboación.

Por un lado os progresistas representados por burócratas como Churchill o  Herbert Henry Asquith, repudiaron a figura do brigadier Dyer ao constatarse que asasinara a xente indefensa; postura que acompañou gran parte da opinión pública.

Polo outro,  atópanse os conservadores capitaneados polo gobernador británico de Punjab, Michael O’Dwyer que aprobou a conducta de Dyer baixo o argumento de que salvou á India para o imperio eliminando á insurreccion.

Grazas a estes últimos, declinouse someter a Reginald Dyer a un tribunal polo homicidio en masa que cometiu.

En canto á India, destaca, sobre todo, que esta hecatombe supuxo a ruptura das súas relacións con Gran Bretaña. Tamén desencadeou na famosa loita pacifica de Gandhi para conseguir a liberdade do país, a cal caracterizouse por  unha campaña consistente na non cooperación e no boicot a mercancías y empresas británicas.




Comentarios

  1. Practicamente é igual que o que se recolle na correspondiente entrada sobre o asunto na Wikipedia. Non quere dicir que os datos estean errados, quere dicir que non se pode usar con case exactitude parágrafos de dita entrada. Hai que coidar as fontes. Ademais non se deben facer parágrafos dunha, dúas, tres, catro... liñas. Hai que crear un relato. Primeiro describir o feito, situar nun contexto e plasmar as consecuencias.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

A TELEVISIÓN EN GALICIA

FONTES ACTIVIDADE 2

ISLAM